Viveiro
El Ayuntamiento de Viveiro ha recepcionado las obras del paseo de Covas
Unos trabajos que han consistido en el acondicionamiento y mejora del paseo marítimo en Covas en el tramo frente a Os Castelos
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Neste proxecto inclúense as obras necesarias para proceder ao reforzo e recheo da zona afectada e paralizar as filtracións e lavado de terreo que se veñen producindo, para o que se levarán a cabo as seguintes actuacións: - Demolición do pavimento actual e a soleira de formigón, nunha superficie de 5,00 x 15,00 metros. - Retirada en dita superficie de actuación do material de recheo existente baixo a soleira. - Posterior recheo da zona de actuación con formigón ciclópeo, que ademáis permitirá reforzar o muro que sostén o paseo. - Reposición dos servizos afectados de rede de pluviais e de saneamento. - Reposición da instalación de alumeado público. - Reposición do pavimento, execución de soleira de formigón armado sobre a que se disporá a baldosa hidráulica similar á existente. O presuposto de contrata deste proxecto foi de 43.626,95 € e o seu custe foi financiado pola Deputación Provincial de Lugo no marco do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2018.