Mariña |

Balseiro presenta candidatura para ser el coordinador de los populares en la Mariña

El secretario del Parlamento, José Manuel Balseiro, destacó que por primera vez los afiliados escogerán de forma directa a sus representantes comarcales y anuncia “un compromiso exigente, con la Mariña como prioridad” Apuntó dos factores claves a la hora de dar este paso: Su experiencia política como aval en la defensa de los intereses de los vecinos y el respaldo recibido entre los alcaldes, portavoces y presidentes de las agrupaciones locales.

José Manuel Balseiro en la rueda de prensa celebrada en Viveiro

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, anunciou esta mañá en rolda de prensa que presentará a súa candidatura no vindeiro Congreso Comarcal, como aspirante a ser o novo coordinador dos populares da Mariña lucense. O deputado popular apuntou dous factores claves á hora de dar este paso: a súa experiencia política como aval na defensa dos intereses das veciñas e veciños da Mariña -compromiso que quere afianzar- e, en segundo lugar, o respaldo acadado entre os alcaldes e portavoces da comarca, aos que consultou esta pretensión e dos que recibiu o seu apoio. Balseiro conta co respaldo dos municipios de Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, O Vicedo, Barreiros, Mondoñedo, Riotorto, Ourol, O Valadouro, Alfoz, Lourenzá, Trabada e A Pontenova e tamén de Cervo, onde falará directamente cos seus veciños militantes, por ser o seu lugar de residencia. Tamén suma o apoio do deputado nacional e do outro parlamentario autonómico, e o dos dous deputados provinciais.   ELECCIÓN DIRECTA Balseiro presentouse como defensor da nova estrutura territorial do PP de Lugo, coa pretensión da revitalizar o papel das comarcas para facer un partido máis pegado ao territorio, máis próximo e participativo e atendo ás necesidades de cada zona. Salienta ademais, como un aliciente engadido que, por primeira vez na historia, serán os militantes do PP os que escollerán co seu voto directo ao novo coordinador e ao equipo que o acompañe A MARIÑA COMO PRIORIDADE Balseiro quixo dirixirse precisamente á gran familia dos afiliados populares da Mariña para pedirlles un voto de confianza e, para iso, promete unha contribución esixente en defensa da Mariña lucense, tal e como ten defendido ata o de agora no Parlamento galego. O deputado citou entre outros proxectos impulsados a creación da sala de quimioterapia no Hospital da Costa, a denuncia da discriminación da Deputación do bipartito cando excluíu á Mariña do seu plan de emprego e comprometeuse a que non se esquezan os compromisos pendentes coa sanidade comarcal e as necesarias melloras viarias que quedan por facer. Balseiro dixo tamén que buscará crear un equipo que ilusione nunha comarca que proceso electoral tras proceso electoral sempre outorgou o seu apoio maioritario ao Partido Popular. E rematou a súa presentación asegurando que quere seguir traballando por mellorar a calidade de vida dos seus veciños, co obxectivo de sumar e seguir a gañar, coa Mariña como prioridade.