Viveiro
El BNG de Viveiro se congratula por el acuerdo plenario de solicitar a la Xunta mejoras en el Centro de Salud
No comprenden los nacionalistas el olvido de un punto de su moción, incluir la fisioterapia para el turno de tarde
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O BNG de Viveiro, que o pasado 23 de xaneiro presentaba unha moción no Concello en defensa da sanidade pública, foi quen de forzar á corporación municipal a debatir no pleno deste mércores sobre a situación da sanidade e a precariedade dos servizos no Centro de Saúde de Viveiro por mor dos recortes salvaxes que ven aplicando o goberno galego do PP. O BNG parabenízase e parabeniza á súa veciñanza polo acordo que pretende alcanzar a corporación municipal para demandarlle á Xunta do PP as melloras necesarias, recollidas na moción presentada pol@s nacionalistas, para o Centro de Saúde de Viveiro co fin de @s profesionais do mesmo podan dar un servizo de calidade á veciñanza e usuari@s do centro de atención primaria do Concello.
Por outra banda, @s nacionalistas instan á alcadesa a emendar a moción do tripartito que van debater no pleno do día 6 de febreiro para incluír entre as reclamacións á Xunta a atención fisioterapéutica no Centro de Saúde de Viveiro en quenda de tarde, xa que só se dispón dunha fisioterapeuta na quenda de mañá, o que supón que o servizo e a instalación pública permaneza pechada pola tarde provocando longas listas de espera (de até un ano) ou a derivación a centros privados. Situación que se ve agravada desde o 31 de xaneiro en que o Sergas rompeu o concerto para a prestación de servizos de rehabilitación con clínicas privadas na Mariña, e todas as persoas que eran atendidas nas mesmas viron suspendido o tratamento de fsioterapia, sen recibir ningunha información e solución do Sergas ao respecto, según ven de denunicar a CIG Saúde da Mariña.