Ribadeo

Campos y Suárez han visitado las obras de renovación de la Avenida de Ribadeo

La inversión total en los trabajos fue de 438.500 euros 

Campos y Suárez en la Avenida Ría de Ribadeo

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, supervisaron os últimos traballos de acondicionamento e urbanización da Avenida Ría de Ribadeo, que contan cunha achega do Executivo Provincial de 380.000 euros, e do Concello con 58.500 euros. Estes fondos permitiron humanizar o antigo tramo da antiga N-634 con novas beirarrúas, aparcamentos, nova instalación eléctrica, pluviais, así como a creación dun novo acceso á area comercial do Vilar. Campos Conde remarcou que “con estes traballos cumprimos unha débeda histórica cos veciños de Ribadeo que demandaban unha mellora nas comunicacións co casco urbano, co fin de acercar a todos os usuarios e visitantes á zona comercial do Vilar. Todos os visitantes e veciños poderán realizar todo este traxecto a pé dende o centro ata a area do Vilar, e poden facelo con novos accesos peonís seguros que cumpren coa eliminación de barreiras arquitectónicas, tal e como marca a normativa”, sinalou.

Acceso coa A8

A Avenida Ría de Ribadeo atópase nunha zona de moito trafico de vehículos, por ser unha zona de entrada e saída do casco urbano de Ribadeo, e que ao mesmo tempo tamén dá acceso a A-8 na rotonda de Dompiñor. Ademais, esta vía, comunica o propio núcleo urbano de Ribadeo coa gran area comercial existente no Vilar, que ata de agora só se podía acceder mediante vehículos rodados, ao non existir ningún tipo de acceso peonil separado dos vehículos. 23 establecemos comerciais Con cargo a este investimento permitiron humanizar esta Avenida que inclúe todo o tramo da antiga N-634 de titularidade municipal, con aglomerado e sinalización viaria, ademais de novas dotacións, como por exemplo, novas beirarrúas, aparcamento, nova instalación eléctrica con soterramento das torres de media tensión, novas tubarias de pluviais e de saneamento e arborado. Tamén se realizou un novo acceso a area comercial do Vilar, onde están ubicados 23 establecementos da vila, co fin de dar cumprimento á Lei de accesibilidade. Os establecementos que forman parte da area do Vilar son; 5 centros comerciais, 1 bar, 1 supermercado, 1 estación de servizo, 1 hotel, 1 tenda de construción, 3 concesionarios de coches, 2 bazares, 1 comercializadora de viños, 4 tendas de recambio de automóbiles, 1 taller de venta de motos, 1 panificadora, 1 lavado de vehículo.