Burela
La Comisión de Fiestas Patronales de Burela va a recoger donativos desde el lunes 4 de febrero
La presidenta, Toñi Eijo, asegura que "intentamos hacer un programa a gusto de la gente"
Madrid - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A comisión organizadora das festas patronais de Burela comezará o vindeiro luns, 4 de febreiro, a recoller os donativos para sufragar estes festexos. A presidenta da comisión, Toñi Eijo, asegura que afrontan con ilusión a organización desta cita e subliña que o programa está pensado para o disfrute de todo o pobo, para un público de todas as idades. Toñi Eijo dixo que “a comisión estámolo tomando coa mesma ilusión de todos os anos, a pesares de que cada ano costa máis recadar. Imos intentar facer un programa ao gusto da xente, con opinións que fomos recollendo polo pobo, co arranxo ao que nos pide a xente, imos facer un programa ao gusto do pobo e axustándonos ao presuposto que teñamos nosoutros. Imos facer un programa para todas as idades e para todos os gustos con actividades de todo tipo”. A presidenta da comisión das festas patronais de Burela quixo “agradecer xa de antemán a todo o mundo a súa colaboración, senón non teríamos as festas de Burela. Quero dar as grazas ao comercio, á hostalería, a toda a xente que colabora con nós, ás asociacións, aos armadores, á confraría e ao Concello, a todos os que nos axudan”. Toñi Eijo salientou que “é un programa axustado ao noso presuposto, pero que intentaremos abarcar o gusto de todo o mundo, de toda a xente do pobo e de todas as idades, con orquestras penso que atractivas este ano. Veñen Finisterre, París de Noia, Israel, Garibaldi, Ritmo Joven, Combo Dominicano, Trébol e Panorama. Queremos que sexan unhas festas ás que veña moita xente de fora, e que sexan atractivas e amenas para todo o mundo”. E engadiu: “quero comentar que temos unha nova integrante da comisión de festas, que se chama Katy. E empezaremos a pedir o luns, 4 de febreiro. Así abarcaremos un amplo período de tempo, porque son moitos comercios, moitas horas de traballo e necesitámolo”. Seis persoas forman a comisión organizadora das festas patronais de Burela.