Mariña

Conde reconoce estar preocupado por ALCOA y dice que el presidente del Gobierno tiene una solución

El Conselleiro de Economía e Industria destacó que la supervivencia de la planta pasa por establecer un precio eléctrico estable y competitivo

Francisco Conde con empresarios de la Mariña

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

5 min lectura

Censurou que se estea “frivolizando co tema enerxético, a pesares de que esta política é a que está impactando máis en España, debido a que temos unha tendencia crecente dos prezos”, polo que lamentou que aínda “non se desen explicacións de por que noutras zonas de Europa non pechan centrais e en Galicia si”

Dado que a situación de Ence tamén afecta a Mariña polo peso que esta comarca ten no sector forestal, alertou da “gravidade e inseguridade xurídica” que está a provocar que no ano 16 a Avogacía do Estado adoptase a decisión de validar a súa ampliación e, tan só dous anos máis tarde, este mesmo órgano considere que esta medida non se axusta ao dereito

De Óscar Rodríguez destacou que “vai a ser un #ValorSeguro para Viveiro e ten unha sensibilidade especial do que significa unha xestión pública para os empresarios. Vai a ser un baluarte para que este municipio recupere o pulso económico e empresarial”, subliñou

Os candidatos ao Congreso, Jaime de Olano e Joaquín García Díez, e ao Senado, José Manuel Barreiro, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañados do candidato á alcaldía en Viveiro, Óscar Rodríguez, e doutros cargos orgánicos do Partido, puxeron de relevo na reunión que mantiveron con case un cento de asistentes na localidade viveirense, entre os que se atopaban coñecidos empresarios locais e da Mariña, a importancia de que o Goberno Central dea unha solución aos sectores das electrointensivas e forestal.

A este respecto, e remarcando que tanto a supervivencia de Alcoa San Cibrao, como de Ence, depende da decisión do Goberno Central, advertiron que, de cara a impulsar políticas que garantan o mantemento destas factorías, “non é o mesmo ter en Madrid un Goberno que outro, ou un Goberno que xere confianza e outro que non, porque, en palabras de Francisco Conde, estes son dous problemas que non son menores”.

A este respecto, o conselleiro de Industria trasladou que, polo que respecta á planta mariñana, “estamos moi preocupados”, xa que quen “ten unha chave para atopar unha solución é o presidente do Goberno”, e esta pasa, indicou, “por establecer un prezo eléctrico competitivo”.

“Isto é como aquel que ten un piso e o vende. Pode ter moitos interesados na compra, pero o que esta xente vai preguntar é como se vai financiar este custe. É dicir, se non hai ese prezo, será imposible que Alcoa acade unha solución”, insistiu. Por este motivo, censurou que se estea “frivolizando co tema enerxético, a pesares de que a política é a que está impactando máis en España, debido a que temos unha tendencia crecente dos prezos”; cuestión que remarcou, “afecta a todos os sectores produtivos e incluso ás familias”. E é que o custe da electricidade non só repercute a Alcoa, senón tamén ao pequeno autónomo; de aí que lamentase que áinda non se desen explicacións de por que noutras zonas de Europa non pechan centrais e en Galicia si.

O reponsable autonómico contrapoñía así a irresponsabilidade política coa que está a actuar o Executivo actual, fronte ao que fixeron os presidentes anteriores. Neste senso, indicou que, “Alcoa sempre estivo presente na mesa do presidente Rajoy”. Como exemplo, citou a reunión que o popular mantivo en EEUU co presidente mundial desta empresa para defender os postos de traballo de San Cibrao e Coruña.

Sector forestal

Francisco Conde tamén analizou o sector forestal, centrándose na situación que atravesa Ence por mor das decisións de Sánchez, e que repercute directamente na Mariña, ao ter esta unha comarca un peso moi importante na comercialización e venda da madeira.

Concretamente, o dirixente do departamento autonómico cualificou a situación da planta pontevedresa de “incomprensible”, pois no ano 16 a Avogacía do Estado adoptou a decisión de validar xuridicamente a súa ampliación e, tan só dous anos máis tarde, este mesmo órgano considera que esta medida non se axusta ao dereito.

“Isto é dunha enorme gravidade, pola inseguridade xurídica que xera, xa que, de forma inaudita, unha sociedade cotizada lle ten que explicar aos inversores internacionais por que se está producindo a situación de Ence”. Fronte a isto, este asunto, que está na Audiencia Nacional, nós defenderemos ao máximo esta situación porque Ence vertebra a todo o sector”, defendeu

Outras medidas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria tamén trasladou aos asistentes as principais actuacións impulsadas pola Xunta de Galicia para favorecer o desenvolvemento empresarial e industrial galego, e ás que se puideron acoller tamén os autónomos mariñanos. Neste senso, explicou que se xerou confianza no tecido grazas á lei de implantación empresarial, e que, entre outras cuestións, posibilitou a posta en marcha facilidades administrativas ao colectivo.

No marco fiscal, puxo en valor a iniciativa Doing Business, a través da cal 120 Concellos de Galicia, entre os que se inclúen Mondoñedo, Xove, Cervo, O Vicedo e Barreiros, puideron aplicar rebaixas neste tipo. Unha iniciativa que acadou a súa viabilidade grazas ao acordo liderado pola Xunta de Galicia coa FEGAMP.

“Baluarte para Viveiro”

Francisco Conde tamén tivo palabras de agradecemento para o candidato alcaldía, do que sinalou, que “vai a ser un #ValorSeguro para Viveiro e ten unha sensibilidade especial do que significa unha xestión pública para os empresario”. Proba delo, engadiu, é que “o primeiro que me trasladou é o polígono industrial. Isto significa que Óscar ten na cabeza que a economía e o emprego son unha cuestión fundamental. Vai a ser un baluarte para que Viveiro recupere o pulso económico e empresarial”, concluíu.

Revolución fiscal do PP

Pola súa banda, José Manuel Barreiro e Jaime de Olano defenderon diante os asistentes a revolución do PP para “parar” a suba impostos e a desaceleración económica impulsadas polo actual Goberno Central.

“España bateu o récord na recadación fiscal no ano 18. É dicir, que baixando impostos, o Estado recada máis. Por tanto, por que cambiar esta situación?. Sánchez estanos levando a un inferno fiscal”, apuntou o cabeza de lista ao Senado.

Na mesma liña, Olano reivindicou que outra política económica é posible e que “nosotros jamás pactaremos con aquellos que quieren romper España”. Fronte á baixada do IRPF de Rajoy coa que se viron beneficiados 167.000 lucenses dunha rebaixa media de 293 euros anuais, explicou que o Partido Socialista pretende subir máis de 3000 euros ao ano de media a cada veciño ata alcanzar os 85.000 millóns a recadación de impostos en toda España.