Deportes

La Coruña epicentro del fútbol sala femenino gallego

Este fin de semana el Pabellón de Riazor escenario de la XIII Copa Galicia

Equipo infantil del Burela FSF

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A cidade herculina xa se prepara para gozar da XIII edición da Copa Galicia de fútbol sala femenina. O primeiro acto oficial foi a presentación do torneo organizado pola RFGF en colaboración con Viaxes Amarelle FSF

-

-

Non foi unha simple posta en marcha, posto que na mesma estivo presente unha das lendas a nivel mundial deste deporte, Paulo Roberto, para moitos o mellor xogador de fútbol sala da historia, non só en España, senón no mundo, por gañar dúas Eurocopas e un Mundial coa Selección Española e un bo puñado de títulos con ElPozo de Murcia.

Outro dos grandes atractivos foi desvelar o deseño único e exclusivo que a marca deportiva Munich fixo para esta Copa Galicia. Un coiro personalizado para conmemorar a celebración da XIII edición da Copa Galicia Feminina na cidade herculina.

Nesta nova edición do torneo tomarán parte catro equipos, que se xogarán o pase á gran final do domingo 21 de abril nas semifinais que terán lugar durante a xornada do sábado sobre o parqué do coliseo herculino.  Así, a primeira batalla por unha praza na finalísima comezará ás 18.30 horas e enfrontará ao Ourense Envialia co Cidade de As Burgas nun derbi que promete fortes emocións. A outra semifinal arrincará ao fío das 20.30 horas e nela veranse as caras o Burela Pescados Rubén e o Viaxes Amarelle FSF. A final desta XIII edición da Copa Galicia Feminina de fútbol sala disputarase o domingo a partir das 12.30 do mediodía.

Minicopa

A canteira do fútbol sala feminino galego tamén terá un papel protagonista na Coruña, debido a que paralelamente á disputa da Copa Galicia sénior celebrarase a II Minicopa para a categoría infantil. Nesta cita tomarán parte as canteiras dos catro clubs participantes na competición sénior. A primeira semifinal, prevista para as 16 horas, enfrontará ao Ourense Envialia co Cidade de As Burgas, mentres que o segundo enfrontamento disputarase a partir das 17 horas e medirá ao Burela Pescados Rubén co Viaxes Amarelle FSF. O campión decidirase na gran final do domingo, que arrincará ás 10.30 horas da mañá.

Para o club burelista será unha edición moi especial, xa que as Xoias Laranxas se estrearán na Minicopa Infantil, tras a gran participación do ano pasado do equipo filial do Comarcal A Fervenza FSF. Un total de 10 xogadoras debutarán nesta gran cita baixo a batuta de Jairo Campo, as infantís Ester Riveira e Sofía Otero xunto ás alevíns Claudia Rodríguez, Iria Eijo, Carmen Díaz, Noelia Fernández, María Fuente, Cayetana Trelles, Lola Muñoz e Fátima Guillén

Entradas

O abono para toda a competición ten un prezo de 8 euros, mentres que a entrada por xornada ascende ata os 5 euros. Os menores de 14 anos accederán gratis ao recinto con invitación e acompañados por un adulto. A venda anticipada de entradas estará disponible nas próximas horas en www.amarellefsf.com

Mesa Redonda "Actualidade do Fútbol Sala Feminino"

A Real Federación Galega de Fútbol organizará diferentes actividades paralelas, ente as que destaca unha mesa redonda para tratar diferentes asuntos relacionados coa actualidade do Fútbol Sala Feminino, co título de "Presente e Futuro do Fútbol Sala feminino despois dos éxitos internacionais". 

Hoxe mércores 17 de Abril ás 20 horas na sede da Real Federación Galega de Fútbol na Coruña (Juan de Ciorraga, nº 3 15008, A Coruña ), terá lugar unha mesa redonda coa participación de diferentes deportistas da especialidade, así como persoas relacionadas co deporte feminino en diferentes estamentos (xogadoras, árbitras, dirixentes, adestradoras...). 

Neste evento participarán Irune Santesteban e Manuel del Castillo Coello en representación do Viaxes Amarelle, anfitrión do torneo; Ceci Puga e Daniella Sousa representando ao Poio Pescamar, un dos clubs galegos na Primeira División; e Raquel Manteiga para dar voz ao estamento arbitral. 

Outros dos convidados a esta mesa redonda son Juan José Garcia Camiño (presidente do Poio Pescamar), Pili Neira (exseleccionadora galega de Fútbol Feminino), Pili Costa (segunda adestradora do O Parrulo Ferrol) e Estefanía (seleccionadora galega infantil). A encargada de moderar a actividade será María Varela.