Ribadeo

Daniel Vega apuesta por un plan de arreglo de carreteras serio y planificado, no de última hora

El candidato popular a la alcaldía de Ribadeo se compromete a poner en marcha un plan de arrego de carreteras en la zona rural

El portavoz municipal de los populares ribadenses, Daniel Vega

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Ve necesario un traballo previo de planificación porque deste xeito conseguirase un resultado moito máis eficaz, pois se hai coordinación entre os veciños e o goberno, entre os responsables municipais e as parroquias, vaise coordinar moito mellor un orzamento propio do Concello e tamén doutras administracións. "Xestionar o plan Marco, da Xunta de Galicia, e o plan Único, da Deputación, significa investir máis nas nosas estradas” dixo Vega.

O alcaldable do PP en Ribadeo engade que “nestes momentos todos podemos observar que a estrada Reme-Vilamar tivo un arranxo moi importante, cun orzamento de 780.489 euros. Eu canto cheguei ao Parlamento de Galicia foi a primeira cousa que lle reivindiquei ao goberno galego, que investira no noso concello para mellorar esta estrada, que comunica aos concellos de Trabada, Lourenzá e Barreiros co de Ribadeo e vertebra todas as parroquias da zona rural interior do municipio ribadense. Isto é algo moi importante para o rural porque mellores infraestruturas significa máis e mellor rural”. Vega remata comentando: “nós imos traballar cun orzamento propio do Concello e xestionando investimentos doutras administracións, pero sobre todo de maneira coordinada con cada parroquia. Porque nestes últimos días vemos que o goberno do señor Suárez quere resolver a última hora o que non fixo durante 12 anos”.