BARREIROS
A depuradora de Celeiro de Mariñaos por fin rematada
Xa está en probas a EDAR que mellorará a calidade e cantidade de auga, pasando dunha capacidade de 900 a 2.000 metros cúbicos
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O alcalde, Alfonso Fuente, visitou as obras da depuradora de Celeiro de Mariñaos, que entrará en funcionamento en breve. O investimento realizado ascende a 1 millón de euros.
O rexedor contou que “visitei as obras da depuradora, da Etap, en Celeiro de Mariñaos para ver como ían. Esperamos que nuns días poidan estar rematadas xa totalmente esas obras, para poder poñer xa en funcionamento a nova depuradora e evitar así o que viña pasando, que cando o río baixaba revolto, por choivas ou por obras no cauce, iso ocasionaba que a auga saíse con turbidez”.
Alfonso Fuente engadiu que “para eliminar todo isto, unha vez se poña en marcha esta nova depuradora, iso xa quedará solucionado. Así mesmo amplía a capacidade de produción de auga potable, e tamén se aumentou o depósito de cabeceira. Tiñamos un depósito de 900 metros cúbicos e agora xa contamos cun depósito de 2.000 metros cúbicos”.
O alcalde lembrou que “o investimento está en torno a 1 millón de euros, que creo que nos vai dar moita mellora en toda a rede de abastecemento de auga do noso concello”.