Cervo
Inician el procedimiento para declarar en ruína económica el edificio ubicado en la Atalaia, San Ciprián
Se trata de un edificio que lleva años construido y deshabitado
Madrid - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que o Concello vén de iniciar o procedemento de declaración de ruína económica do edificio ubicado nas inmediacións do Castro da Atalaia, que leva máis de trinta anos construído e deshabitado. Villares precisou que, con carácter previo ao inicio deste expediente, solicitáronse os informes policiais e técnicos pertinentes que “atestiguan o mal estado desta construción e que conclúen que o custo das obras de reparación necesarias é superior á metade do valor de reposición da edificación”, o que nos dá pé a comezar estes trámites que teñen como finalidade que o inmoble sexa derrubado. Con estes informes sobre a mesa -engadiu Villares- xa lles comunicamos aos propietarios a apertura do procedemento, e agora teñen un mes de prazo para presentar alegacións.
O rexedor apuntou que levamos tempo en contacto cos donos da edificación, agardando que plantexasen solucións e alternativas, pero vemos que os meses pasan e, basicamente por motivos de seguridade e ornato público dado o estado de abandono da construción, o Concello non pode esperar máis, por iso urxe dar este paso”. Villares recordou que se están a dar avances importantes para lograr ese obxectivo prioritario do equipo de Goberno, que pasa por demoler tanto esta edificación, como o esqueleto que hai ao seu carón, para poñer en valor o Castro da Atalaia, inventariado por Patrimonio no ano 2007, e que “é un ben cultural e patrimonial dos cervenses”. Con respecto ao esqueleto no que se planificara no seu día a construción de 42 vivendas, cabe recordar que xa se declarou a caducidade da licenza urbanística que lle fora outorgada no seu momento a a Promociones San Ciprián S.L. Este trámite ratifica que as obras iniciadas non poden continuar ao non existir ningún permiso en vigor que as ampare; a construción, pois, xa non está avalada por ningún título xuridíco-administrativo. Tamén están iniciados os trámites administrativos para declarar a reposición da legalidade urbanística para recuperar o estado orixinal desta parcela.