Carnaval
Las delegaciones de Cultura y Servicios Sociales en Xove ya tienen programa del Carnaval 2019
Está presvisto su inicio para el 1 de marzo y el desfilel será el sábado 2 de amrzo a las 17:00 horas, completa la programación una serie de bailes
Madrid - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Carnaval 2019 en Xove
Venres, 1 de marzo.- Este día a Concellería de Servizos Sociais organiza o FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o SÁBADO, 2 DE MARZO. O Programa para este día é o seguinte: -16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA “OS CHARANGOS”. Como paso previo a charanga vai ofrecer unha pequena actuación na Residencia da 3ª Idade San Bartolo de Xove. -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación. -18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas. -22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile, sobre as 00:00 horas, faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido. A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.
Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.
XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2019" EN XOVE
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en: -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 1 DE MARZO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001. -O mesmo día do desfile (2 de marzo) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial. O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 10 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.