Burela

Los populares denuncian un nuevo incumplimiento de Alfredo Llano, ahora con la construcción del pabellón

Los populares creen que el pabellón de Vista Alegre ya estaría remodelado, pero el alcalde "miró para otro lado y anunció la construcción de uno nuevo"

Pabellón Vista Alegre

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Grupo Municipal Popular de Burela sinala que “o alcalde de Burela incumpre, unha vez máis nestes últimos catro anos, a súa palabra con respecto ao que anunciou fai arredor dun ano cando dixo que ía a facer un novo pavillón de deportes no noso concello”. Os populares indican que “agora di que vai ver se remodela o actual pavillón Vista Alegre; pero para este viaxe non fan falta tantas alforxas porque as condicións impostas pola Liga Nacional de Fútbol Sala xa se coñecen dende o ano 2016, é dicir, dende fai tres anos. E nestes tres anos puido estar xa remodelado o pavillón Vista Alegre e non se fixo porque o alcalde mirou para outro lado e anunciou a bombo e platillo a construción dun novo pavillón; pero que, como xa sabemos, sobre este aspecto non se fixo nada en absoluto”. A este respecto os edís do PP recordan que “non se fixo nada para remodelar o actual pavillón nin para construír un novo nestes últimos catro anos o que é realmente lamentable”.

O alcalde debe pedir perdón á familia do deporte

Neste sentido, cren que “o rexedor local debe pedir perdón ao conxunto da familia do deporte por incumprir a súa palabra con respecto á remodelación do actual pavillón Vista Alegre e á construción dun novo e tamén debería aclarar polo miúdo con que prazos xoga para a remodelación do Vista Alegre e con que financiamento conta porque o Concello só dispón de 35.000 euros para instalacións deportivas no presuposto do presente ano 2019”. “Tendo en conta que o PP de Pablo Casado defende a práctica deportiva, estamos seguros de que se o Partido Popular gaña as eleccións fará todo o posible para que as instalacións deportivas do Concello de Burela sexan as máis idóneas. O que non estamos dispostos é a soportar as mentiras e a vagancia de Alfredo Llano”.

Requirimentos do CD Burela FS

Os populares aseguran que “o propio club lle ten trasladado ao alcalde a necesidade de adaptar o pavillón aos requirimentos da Liga Nacional de Fútbol Sala porque, do contrario, veríanse obrigados a disputar noutras instalacións fóra do municipio os encontros da División de Honra onde milita o equipo feminino e na Segunda División onde o equipo masculino se atopa líder da clasificación e, polo tanto, con moitas posibilidades para ascender de forma directa tamén á División de Honra”.

Outros incumprimentos do alcalde socialista

Dende o Grupo Municipal Popular lamentan que “o señor Llano, como en moitos outros asuntos coma a ubicación do mercado, o plan de tráfico, a traseira do edificio de Capitanía Marítima, o parque empresarial do Perdouro, non fixo nada de todo o que dixo que ía facer. O único que fixo foi facer anuncios de prensa totalmente baleiros”.