FOZ

O CD Lugo e o Burela Fútbol Sala visitan o Martínez Otero

Deportistas de ambos clubes participaron nun enriquecedor encontro co alumnado do colexio focense

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O alumnado do Colexio Martínez Otero de Foz recibiu este luns a visita de varios xogadores do CD Lugo e do Burela Fútbol Sala.

O director do centro, Tono Alonso, explicounos no programa 'Costa Viva' o desenvolvemento desta actividade organizada grazas á colaboración de dúas das entidades deportivas máis importantes a nivel provincial.

Nunha charla celebrada no salón de actos do colexio, os deportistas destes clubes brindáronse a responder todas as preguntas que os rapaces de 1º de Primaria ata 4º da ESO lles foron trasladando.

Tratáronse temas como a nutrición, o esforzo que supón o deporte de elitesaber manexar a presión ou os múltiples valores que se adquiren grazas ao deporte.

Previamente, pola mañá cedo, os cursos de 3º e 6º de Primaria e o de 4º da ESO puideron presenciar o adestramento que o CD Lugo realizou no campo de fútbol Martínez Otero. Alí, o profesor de Educación Física explicoulles a intensidade coa que se realiza un adestramento destas características a nivel competitivo.

Inscrición aberta

O director do Colexio Martínez Otero de Foz tamén aproveitou os micros de COPE de la Costa para lembrar que continúa aberto -ata o vindeiro mércores 20 de marzo- o prazo de matrícula para alumnos de infantil, primaria e secundaria de cara ao curso 2019-2020.

Segundo apuntou Tono Alonso, o Martínez Otero é un centro concertado, con clases gratuítas e numerosas actividades extraescolares entre as que destacan os deportes e os idiomas.

De feito, no colexio tamén se imparten cursos de idiomas para adultos, tanto para aqueles que teñan que pasar un exame oficial como para as persoas que simplemente queiran mellorar a súa soltura con outra lingua a través dos grupos de conversación.