Galicia |

Medio Ambiente licita por más de 350.000 euros el contrato para la limpieza de senderos y márgenes en tramos fluviales de ríos en las cuatro provincias

En total actuaranse en tramos e zonas que suman case 450 quilómetros (431,31), repartidos entre as catro provincias galegas, sendo a de Coruña (con 123,16 km) á que se sitúa á cabeza, seguida pola de de Lugo con 114,2 km, en terceiro lugar está a provincia de Pontevedra con 113,75 km e a de Ourense que suma 80,2 km. Así, priorizáronse os tramos que se atopan en Rede Natura e aquelas zonas que teñen un alto valor natural.

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Os traballos que comprende este contrato son a roza selectiva da vexetación herbácea existente nos sendeiros de ambas marxes do río e nos principais postos de pesca en diversos tramos. Tamén se procederá á eliminación das especies vexetais exóticas invasoras presentes nos ámbitos de traballo; así como á retirada dos restos vexetais, traballos de limpeza (retirada de residuos asimilables aos sólidos urbanos) e traballos de poda sobre remas enfermas, torcidas e rotas que poidan entorpecer ou dificultar o paso a pescadores, corte de árbores caídas nas sendas. As entidades interesadas en presentar as súas ofertas a este contrato público dispoñen ata o vindeiro 22 de febreiro.