Mariña

Medio Rural aporta 850.000 euros para mejora de caminos municipales en la Mariña

Entre todos los ayuntamientos de la provincia se llevan 4,1 millones de euros, conforme a criterios objetivos pactados con la FEGAMP

Presentación del plan de ayudas

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, enmarcou estes apoios dentro da aposta clara e decidida da Xunta a favor do rural galego e, en particular, no fomento daquelas iniciativas que melloran e facilitan a comunicación e accesibilidade das parroquias do rural. “Son camiños de titularidade 100% municipal, pero a Xunta financia estas obras porque unhas vías en bo estado melloran as condicións, a calidade de vida e o traballo no medio rural. Fan máis áxil e doado o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias e gandeiras, e contribúen a fixar poboación”- explicou Balseiro.

En concreto, a administración autonómica destinou 24,1 millóns de euros repartidos entre os 67 concellos lucenses con cargo aos correspondentes plans de mellora de camiños rurais executados entre 2013 e 2019 e, neste momento, está en prazo de solicitude unha nova convocatoria deste programa, correspondente ás anualidades 2019-2020, por valor de 4,1 millóns de euros adicionais. “Os gobernos locais terán ata o 28 de febreiro para presentar a súas solicitudes”- lembrou Balseiro, quen destacou que, a diferenza dos plans doutras administracións, “aquí son os municipios os que, en uso da súa autonomía deciden que estradas ou camiños queren mellorar con cargo a achega da Xunta”.

O delegado destacou tamén que o reparto destes fondos responde a criterios obxectivos, pactados entre Agader e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). “Estableceuse unha contía base fixa por concello de 15.000 euros, que suma cantidades adicionais en función de conceptos como o número de habitantes, a superficie, o peso do agro así como o grao de envellecemento ou despoboamento de cada localidade”. O importe mínimo para cada unha das actuacións (calculado sobre a base do orzamento de execución material máis os gastos xerais e beneficio industrial) deberá ser igual ou superior a 6.000 euros, e inclúe obras supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Quedan excluídas, en cambio, as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación