Foz
El PSOE de Foz reclama pasos de peatones en las calles Álvaro Cunqueiro y Avenida de A Mariña
Los socialistas focenses denuncian la existencia de un notable descontento entre los vecinos a la hora de pasar de una a otra parte en estas calles
Madrid - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Tal como están configuradas, supoñen un perigo para os viandantes. Ademais, existen dous colexios nas inmediacións o que obriga a extremar as precaucións para garantir a seguridade dos nenos e nenas que se desprazan a pé á escola- explican os socialistas- Resultan curiosos os intentos e amagos que se ven obrigados a facer as persoas maiores para cruzar a rúa ao ver chegar un vehículo. Ninguén sabe de quen é a prioridade, en Álvaro Cunqueiro, rúa de circulación rodada continua, si dos propios vehículos ou dos peóns.
Con respecto á Avenida da Mariña, temos que dicir - proseguen os socialistas- que esta rúa nunca poderá ser peonil mentres existan dous supermercados e un hotel co seu propio aparcadoiro. Nin mentres existan zoas de aparcamento comercial, por moito que o Alcalde a chame zoa peonil. De todas maneiras, unha zona de prioridade peonil é perfectamente compatible con paso de peóns, sempre que haxa circulación de tráfico. Reclamamos tamén unha ordenanza de tráfico para dar seguridade xurídica aos peóns, condutores e policía local. É necesario regular o horario das zonas de carga e descarga así coma os espazos reservados a zonas de aparcamento comercial de 45 minutos. Si estes meses asistimos perplexos, aos continuos cambios das configuracións das rúas. Cambios no sentido da circulación, na configuración dos aparcadoiros, nas zonas de carga descarga, e aparcamento comercial. Escoitar o Alcalde dicir que, agora, vai encargar un plan de mobilidade é, cando menos, de risa e demostra a mala xestión e improvisación que o impregna todo no seu mandato destes anos. Agora, unha vez rematadas as obras de remodelación das dúas rúas principais de Foz, agora que o tráfico se desvía pola rúa do Pilar e polo Porto, incluso camións de gran tonelaxe, agora que a rúa do cemiterio absorbe moito do tráfico, agora é cando nos sorprende co anuncio do plan de mobilidade que debería ter elaborado antes de executar ningunha obra, tal e como lle leva reclamado o PSOE en multitude de ocasións.
Un Alcalde que decide, unilateralmente, o sentido da rúa Álvaro Cunqueiro, colocar e recolocar á sinalización sen ningún informe da policía local, non ten ningunha credibilidade. Temémonos que o Sr Alcalde non sabe o que é un plan de mobilidade, nin que este non só afecta ao tráfico rodado senón tamén ás zonas peonís, á eliminación de barreiras arquitectónicas, á situación do mobiliario urbano, ás costumes de uso das rúas polos veciños nos seus desprazamentos, etc.- rematan os socialistas.