XOVE
O San Antonio da Rigueira segue "ventureiro" despois de dez anos
O Concello de Xove recuperou no seu día esta festa tradicional para darlle novos folgos
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O xoves 13 de xuño celébrase unha nova edición da Romaría do San Antonio da Rigueira, unha festa cuxa recuperación iniciou o Concello de Xove hai unha década.
As persoas que desexen gañar o lirio branco e a ventura do santo deben facer calquera das oito Rutas dos Muíños habilitadas ao longo de todo o municipio xovense a tal efecto.
Unha vez completada e debidamente selados os seus carnés terá lugar a recepción dos romeiros na carpa do concello e a entrega da Ventura 2019 e do lirio branco de San Antonio.
Haberá, asemade, varios horarios de misas ao longo de toda a xornada festiva, na que, a pesar de ser un xoves, se agarda unha afluencia de público que roldará o medio milleiro de persoas.