RIBADEO
O universo fanzine, moi vivo a pesares da intelixencia artificial e as novas tecnoloxías
Ramón Mariño recolle unha escolma das inxeniosas publicacións que temos en Galicia
Ribadeo - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O movemento fanzine foi toda unha eclosión nos anos 80 e 90, con especial incidencia nas zonas rurais, alonxadas das cidades. Creouse un estilo de comunicación e espallouse por doquier.
Galicia non foi axena a este movemento e aquí naceron moitísimas publicacións de todo tipo. Moitos eran fanzines políticos, cargados de imaxinación, outros culturais e moitos de humor e cómic.
O escritor, e estudoso do universo fanzine galego, Ramón Mariño, sinala que “nas zonas rurais e vilas pequenas había moito movemento cultural”.
“Era unha época libre e a xente facía o que lle apetecía, aínda que houbera persoas ás que non lles gustara”. Ademais a distribución era sinxela, fotocopiar e reparto de man en man, “o boca a boca funcionaba”.
Sería fácil pensar que esto foi daquela e hoxe en día é só un recordo, pero nada máis lonxe da realidade. O movemento fanzine persiste vivo e con boa saúde: “estanse a facer moitísimos, en tódalas provincias”.
Paralelamente celébranse feiras onde expoñer ditas creacións artesanais, por exemplo a Feira de Santiago “Fun Fun Fun” o a de Pontevedra, “Gropo Gropo”.
A temática hoxe en día é do máis variada pero sobresae o cómic.
“Moito cómic, de todos os estilos, dende inspirarse no manga, creacións moi libres.., usar unha camiseta ata para facer un fanzine e debuxar unha historieta nunha camiseta”.
Temos moito cómic últimamente, “porque moitas persoas aproveitan este tipo de publicacións para dar a coñecer o seu traballo como deseñadores, como debuxantes”.
Un mundo moi vivo
Asegura que o mundo do fanzine “está vivísimo” e nas novas feiras que están aparecendo descobres “xente moi noviña que fai cousas moi boas”. Tanto aquí como en Portugal e outros lados fanse uns fanzines estupendos, de nivel e nótase que “a xente inviste moito tempo en calidade, sobre todo en deseño e ideas”.
Unha escolma deste universo, tan particular e nutrido, vaise amosar esta tarde, cara as 20.30 hrs en Ribadeo, na Biblioteca El Viejo Pancho, no seo da presentación do libro de Ramón Mariño.
Fará unha exposición amena, con fotos e diapositivas, para amosar imaxes dalgúns fanzines galegos e das feiras que os ensalzan. Ademais contará cun veciño da Mariña, Xermán Viluga, que lle descubriu algunha pubicación que descoñecía produto do inxenio ribadense.