Ribadeo

ACISA reparte 400 euros en vales de compra en el IX Concurso Fotográfico del Día del Padre

La campaña del comercio de Ribadeo se desarrolla hasta el 19 de marzo y las fotografías pueden subirse al Facebook de la asociación hasta el 19 de marzo

Cartel ACISA PAI 2019

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

No concurso poden participar todas as persoas maiores de idade que o desexen e os traballos presentados non puideron ser publicados previamente en revistas, xornais, libros impresos ou sistemas online, nin puideron ser obxecto de ningún outro premio fotográfico. As fotografías deben subirse á páxina do facebook de Acisa, mediante a app instalada para tal efecto. Deberán indicar un título da obra, o seu correo electrónico e o teléfono. As persoas que se vexan na fotografía terán que ter vínculo familiar e entenderase que no caso de saír menores, a fotografía foi sacada e publicada coa autorización dos pais e titores legais.

A aplicación no facebook xa funbciona e as fotos xa se poden subir á plataforma. O prazo máximo de envío será ata as 23:59 horas do día 19 de marzo, que será cando a app deixe de admitir imaxes. Durante ese prazo, do 6 ao 19 de marzo, terá lugar a votación popular que dará lugar ao Premio do Público. E entre as 10 imaxes máis votadas na aplicación, exceptuando a gañadora do Premio do Público, realizarase unha selección por parte do xurado das dúas mellores. A resolución desta selección dará lugar ao Premio do Xurado. A publicación oficial realizarase o día 20 de marzo en redes e medios, para comunicar a resolución de ambas categorías, así coma a título persoal aos agraciados.

O xurado estará composto por representantes da asociación e fotógrafos profesionais asociados. Na modalidade de Premio do Público haberá un único premio de 150 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados a Acisa. Na categoría de Premio do Xurado outorgaranse un 1º Premio dotado de 150 euros en vales de compra e un 2º Premio de 100 euros tamén en vales de compra. Os premiados deberán contestar á chamada telefónica que se realizará dende as oficinas de Acisa e realizaranse tres intentos, no caso de non atender a chamada pasarase ao seguinte seleccionado. As fotografías premiadas e as presentadas poderán ser utilizadas nas diferentes plataformas de difusión de Acisa, co único obxecto de promocionar a fase participativa do concurso.

Desde Acisa explican que “seguimos con esta campaña conscientes de que é un dos concursos que organizamos que máis lle gusta ao público. Sempre hai unha enorme participación e moito maiores son as votacións das fotos presentadas ao certame. Pensamos tamén que é unha boa ferramenta para os socios e socias de Acisa, xa que para participar e/ou votar hai que ver o facebook da asociación, onde diariamente compartimos as publicacións das nosas asociadas e asociados. Trátase pois dunha época nas que as nosas redes sociais teñen máis visitas”. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos anima a participar no IX Concurso Fotográfico Día do Pai.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN