Ribadeo

ACISA Ribadeo sortea 19 cenas en la Campaña de San Valentín

Todos los que quieran participar tienen hasta el 14 de febrero para realizar sus compras en los establecimientos asociados 

Cartel ACISA San Valentín 2019

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Nesta edición sorteará 19 ceas para dúas persoas, xentileza doutros tantos restaurantes da localidade. As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Acisa ao longo dos vindeiros días recibirán papeletas para cubrir cos seus datos e un número de teléfono de contacto. Deste xeito entrarán no sorteo das 19 ceas. O día 15 de febreiro entregaranse, por parte dos comercios, as papeletas cubertas aos membros da oficina de Acisa Ribadeo. Ese mesmo día procederase a sortear as 19 ceas para dúas persoas. Notificaráselle ao gañador ou gañadora mediante chamada telefónica, e tras tres intentos, no período de trinta minutos, pasarase a volver a sortear no caso de non obter resposta.

As ceas sortearanse individualmente e os premios non son acumulativos. Ningunha cea quedará deserta e o listado de premiad@s farase público o mesmo día 15. Os/as premiados/as deberán pasar polas oficinas de Acisa Ribadeo o 15 de febreiro, antes das 20:00 horas, na rúa Viejo Pancho, 13-baixo, para recoller o vale que lles permita disfrutar deste romántico agasallo. As gañadoras e gañadoras poderán gozar das ceas o 16 de febreiro nos restaurantes doadores que son: Asador A Quinta, Parador de Turismo de Ribadeo, San Miguel, O Cabazo, Marinero, A Dorada do Cantábrico, O Lar de Manolo, O Tumbín, Hotel Restaurante Javier Montero, La Villa, Cayo Coco, Porta Norte, Costa Verde, La Lira, La Solana, Bar Galicia, El Rincón del Gordo e Galipizza. Éste último local ofrecerá dúas ceas.

O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, comenta que “estamos moi contentos porque é unha campaña que gusta a todos, tanto a clientes como a socios, e este ano pasamos de sortear dez ceas noutras edicións a dezanove esta. É unha campaña que está pensada para unir o comercio e a hostalería”. E pola súa banda, o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, agradeceu “a colaboración aos establecementos que nos doaron as ceas posto que coa súa implicación os premios desta campaña son máis importantes”.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN