Ribadeo

Acondicionan la Plaza de España para eliminar barreras arquitectónicas

La inversión es de 20.000 euros

Vecinos jugando a la Petanca

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

As empresas interesadas en realizar estes traballos poden presentar as súas ofertas ata o 23 de abril, e poden facelo na plataforma de licitación do Concello de Ribadeo.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, explicou que “este proxecto de acondicionamento e mellora da praza de España, feito polos técnicos municipais e que tamén conta co visto e prace da Comisión de Patrimonio de Lugo, trata basicamente de acondicionar tres pistas de petanca de 15 por tres metros no propio parque de San Francisco”. O rexedor subliñou que “é unha demanda que levamos tendo desde hai un tempo, dado o enorme impacto que está causando este deporte, sobre todo para a xente máis maior e para a non tan maior, que tamén vemos como sistematicamente se está achegando a Ribadeo, incluso doutras localidades, que ven xogar a este deporte tradicional”.

Suárez Barcia engadiu que “atendendo ás peticións de toda esta cantidade de xente que nestes últimos tempos está xogando aquí, quixemos adaptar un pouco máis e un pouco mellor, con máis solvencia, esa superficie de actuación na que eles están traballando”. O alcalde dixo que “ademais disto vaise facer unha mellora no firme do resto do parque así como tamén a eliminación de barreiras arquitectónicas para o que en conxunto o proxecto ascende a 20.094 euros.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 27 DIC 2024 | BOLETÍN