Barreiros

Alfonso Fuente reingresa en el PP y será candidato a la alcaldía de Barreiros

El actual alcalde aseguró "encontrase con ganas de afrontar un nuevo mandato" una vez que vecinos, afiliados y simpatizantes le animaron a presentarse

Alfonso Fuente (Alcalde de Barreiros)

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O actual rexedor do Concello de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, formaliza o seu reingreso no Partido Popular co anuncio da súa afiliación do que se dará conta na xunta directiva desta tarde. Aspira a renovar a confianza dos veciños e veciñas que o apoiaron con maiorías absolutas nas tres últimas citas coas urnas ao liderar de novo a candidatura dos populares no municipio. Fuente Parga asegura que “tanto veciños coma afiliados e simpatizantes pedíronme que volva a encabezar a lista do Partido Popular para seguir traballando por Barreiros no novo mandato para sacar adiante proxectos xa preparados”. Nese sentido, o candidato popular quere agradecer “as mostras de apoio dos barreirenses durante o proceso xudicial do que agardabamos a sentenza absolutoria que foi ditada nas últimas semanas”.

O candidato popular á alcaldía avanza que “tras traballar nos últimos anos na elaboración do PXOM, está preparado para someter á súa aprobación inicial a comezos do vindeiro mandato”. Igualmente, está prevista a humanización de distintos núcleos do concello. Fuente Parga aposta por “seguir traballando na prestación de servizos aos veciños e veciñas despois de incrementar a axuda a domicilio ao alcanzar a vintena de persoas que prestan este demandado servizo”. Coa convicción de que “non só hai que garantir os servizos, senón melloralos na medida do posible”; o candidato popular sinala a súa vontade de “mellorar o servizo de gardería municipal e nos dous colexios do municipio” de forma que contribúan ao asentamento da poboación.

O alcaldable do PP pon en valor o investimento en estradas municipais que permite que cada ano se melloran tramos da nosa extensa vía municipal; así coma a posta en marcha da nova potabilizadora que contribúe á mellora da rede de abastecemento de auga. Así mesmo, cre necesario “impulsar o proxecto da depuradora de augas residuais en San Miguel de Reinante”. O actual rexedor de Barreiros amósase disposto a “impulsar Barreiros para recuperar a imaxe que tanto danou a oposición no noso concello e retomar proxectos para a súa consolidación como referente turístico na comarca da Mariña”.

Compromiso co Partido Popular

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, agradécelle a Fuente Parga “o seu compromiso co Partido” e agarda que “continúe a traballar polos veciños e veciñas de Barreiros que xa lle teñen demostrado o seu apoio nas últimas citas coas urnas”. A este respecto, Candia recordou que o Partido Popular é o Partido máis votado no municipio barreirense tanto nas eleccións municipais coma noutros procesos electorais”.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN