Burela

El Ayuntamiento de Burela va a distribuir libros por los centros de enseñanza locales

Un total de 1.000 ejemplares que versan sobre el agua, la integración y la solidaridad

Alfredo Llano y Noelia Ben

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Os libros foron presentados polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben. Un versa sobre un ben tan prezado como é a auga e o outro, protagonizado polos Bolechas, céntrase na solidariedade e a integración.

O rexedor burelés explicou que “a intención, a través de Medio Ambiente e de Servizos Sociais, foi facer dúas publicacións. Unha delas é relativa á auga. En Burela amamos a auga é o título que ten este libro, onde se explica de onde nos surtimos nosoutros, cales son as canalizacións e as nosas fontes para abastecernos en Burela. Ademais faise un repaso xeral da importancia que ten a auga, cada vez máis hai que procurar ter a auga nas mellores condicións posibles, de onde proceda tamén mantelo limpo, e con garantías constantemente. Consideramos que este libro é moi importante no aspecto veciñal, de informar e de aprender. É unha guía moi boa para saber sempre que se pode facer coa auga, como se pode aforrar e como se pode utilizar na vida doméstica. A importancia da auga agora mesmo no aspecto de que pode escasear, de que hai etapas que pode haber máis e outras menos, sempre mantela nas mellores condicións e aforrar o máximo posible. Polo tanto, como consideramos que é un libro bo e importante para os rapaces que están facendo Primaria, Secundaria e os ciclos formativos de Medio Ambiente, imos repartilo para a semana que ven por todos e cada un dos colexios e institutos de Burela”. Alfredo Llano engadiu que “o outro libro que imos repartir é dos Bolechas. Conta unha historia de integración e solidariedade, na que se ven perfectamente os lugares do noso concello e que se identifican moi ben. Vai moi ben para os rapaces máis pequenos e polo tanto imos repartilo nas escolas infantís e tamén nos colexios de Primaria”. O alcalde de Burela declarou que “imos facer este reparto de dúas publicacións que fixo o Concello, pensando na mellor maneira de divulgar e de mentalizar no aspecto da auga, e tamén de favorecer a integración e a solidariedade a través dos Bolechas. Isto é algo que se fai desde as Concellerías de Medio Ambiente e de Servizos Sociais”.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN