Mondoñedo

Ayuntamiento de Mondoñedo y Cruz Roja acuerdan potenciar el servicio de localización de personas

La alcaldesa mindoniense, Elena Candia, se ha reunido con el secretario provincial de Cruz Roja, José Luís Fernández Armesto, para hablar del tema

Elena Candia y José Luís Fernández

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, e o secretario provincial de Cruz Vermella Española, José Luis Fernández Armesto, mantiveron unha reunión de traballo na que acordaron potenciar o sistema de localización de persoas LoPe. A rexedora avanza que o sistema “funcionará de maneira inmediata para quen o precise ou demande de xeito completamente gratuíto”. Persoas con deterioro cognitivo leve os discapacidade LoPe é un servizo para familiares e coidadores de persoas con deterioro cognitivo leve ou discapacidade. Posibilita a permanencia da persoa no seu contorno familiar e facilita a labor do coidador ou coidadora habitual. No caso de necesidade proporciona atención inmediata a través dun xeolocalización por dispositivo GPS. En concreto o servizo baséase na utilización dun dispositivo que permite a localización das persoas con deterioro cognitivo leve nos seus desprazamentos fóra do domicilio. O familiar ou coidador será o encargado de poñer e retirar o dispositivo que, cargado e prendido, envía de forma automática a posición cada tres minutos.

As persoas usuarias limítanse a levar o dispositivo cando saen do seu domicilio e son os familiares e coidadores os que acceden ás localizacións. 84 usuarios nos servizos de podoloxía e psicoloxía Co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos maiores o departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo ten posto en marcha xa ademais outros servizos, como son o de podoloxía e o de asesoramento e atención cognitiva e/ou entrenamento en capacidades mentais. Actualmente benefícianse destes servizos 84 persoas; 28 reciben atención psicolóxica e 56 foron atendidos en podoloxía, 16 no seu domicilio e 37 no centro. No caso do servizo de podoloxía, os usuarios que poden desprazarse son atendidos no Centro de Servizos Sociais Comunitarios de Mondoñedo e os que non, son atendidos nas súas propias vivendas. Os usuarios de atención cognitiva son atendidos nos seus domicilios. Ambos os servizos están dirixidos ás persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar como persoas con dependencia. O Concello conta con 111 usuarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN