Ribadeo

El Ayuntamiento de Ribadeo invierte 68.000 euros en obras de pavimentación del camino al Cementerio Municipal

El proyecto incluye arreglar el camino desde A Faxarda y el aparcamiento; las empresas interesadas tienen 20 días para presentar presupuesto

Aparcamiento junto al cementerio

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O Concello acometerá as obras de pavimentación do camiño que vai da Faxarda ao cemiterio municipal. O investimento ascenderá a 68.000 euros, procedentes de fondos municipais, e as empresas interesadas dispoñen dun prazo de 20 días para presentar as súas ofertas. O período de execución dos traballos, unha vez que se inicien, será de dous meses. O proxecto inclúe tamén o arranxo do aparcadoiro do cemiterio municipal.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello de Ribadeo queremos levar adiante unha obra que consideramos moi importante. Trátase do proxecto de pavimentación do camiño da Faxarda ao cemiterio municipal. Esta vía está sendo usada, non soamente polos residentes, senón tamén por parte importante dos veciños da vila e máis da parroquia de Ove, posto que comunica o cemiterio municipal coa estrada da Deputación que vai cara ás parroquias do interior”.

O rexedor explicou que “lle queremos dar unha volta a toda esa zona e queremos empezar agora por este vieiro principal e imos aproveitar tamén para acondicionar o aparcadoiro do cemiterio municipal que está nun estado penoso. De aí que os técnicos municipais redactaron un proxecto cun orzamento que ascende a máis de 68.000 euros, que van vir de fondos propios do Concello, e que xa desde hoxe está colgado na plataforma de contratos do Estado durante un prazo de vinte días para que todas as empresas que estean en condicións de poder licitar esta obra presenten as súas propostas”. Suárez Barcia engadiu que “o criterio de adxudicación vai ser o prezo máis baixo e o período de execución desta obra vai ser dun máximo de dous meses, polo tanto todas aquelas empresas que queiran, que estean cualificadas, que estuden ben a proposta e que fagan as súas propostas dentro deste prazo legal”.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN