Viveiro

El Ayuntamiento de Viveiro ha tramitado un total de 125 expedientes para la limpieza de fincas

El Gobierno Local recuerda la obligaciónque hay de limpiar las fincas para la prevención y defensa contra incendios

Viveiro

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O 28 de decembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, na que, entre outras cuestións, se realizou unha modificación da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Esta modificación afectou aos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007; co fin de explicar á veciñanza os cambios referidos e as súas obrigas como propietarios/titulares de parcelas, o concello publicou o 27 de abril de 2018 un bando, que foi distribuído por todo o municipio. Entre a información referida, lembrábase que as persoas que resulten responsables consonte o artigo 21 ter procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especias arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano.

A entrada en vigor das modificacións referidas supuxo un aumento considerable dos expedientes a tramitar polo concello, nos que se inclúen os expedientes incoados a partir de denuncias veciñais, aqueles que son tramitados de oficio e aqueles expedientes que son remitidos pola Consellería de Medio Rural e o Seprona, tamén a partir de denuncias veciñais ou a partir de denuncias de oficio de ambas administracións. Dito isto, cabe destacar que dende xaneiro de 2018 o Concello de Viveiro tramitou un total de 50 expedientes requirindo a limpeza de biomasa e retirada arbórea en parcelas situadas en solo rústico. Ademais, tramitáronse 70 expedientes de orde de execución requerindo a limpeza de fincas en núcleos e solo urbano; destes 70 expedientes, 46 continúan en trámite, mentres que 24 foron arquivados tras comprobar que os propietarios ou titulares das parcelas realizaran as labores de limpeza requiridas. Neste momento, estanse a tramitar outros 3 expedientes para a execución subsidiaria, por parte do concello, da limpeza de fincas en núcleos ou solo urbano por descoñecemento do titular ou por imposibilidade de notificación. Polo mesmo suposto -descoñecemento e imposibilidade de notificar aos propietarios-, en 2018 o concello xa executara subsidiariamente a limpeza de dúas parcelas, tamén en solo urbano. Estas cifras, un total de 125 expedientes, demostran os esforzos e tramitacións realizadas polo Concello de Viveiro dende xaneiro de 2018 co fin de garantir o cumprimento do establecido na normativa existente ao respecto.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

12:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN