Ribadeo

Balseiro acusa a Suárez de "demagogo" por asegurar que existen retrasos deliberados en el PIA de la residencia

Según el delegado de la Xunta en Lugo el Ayuntamiento de Ribadeo tiene trámites pendientes para abrir la residencia, no imputables a la Xunta

José Manuel Balseiro

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, asegura que as queixas do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, nas que sementa dúbidas sobre o proceder da Xunta para autorizar da apertura da nova residencia “son pura demagoxia” “O que non ten ningún sentido é que a mesma persoa que tardou seis meses en solicitar á Xunta o permiso de actividade desde que remataron as obras da residencia, agora poña o grito no ceo porque a Xunta leva mes e medio estudando a documentación que desde o Concello presentaron”

Os medios de comunicación recollían que as obras de construción do edificio da residencia remataron a principios do mes de xuño –á falta de pequenos remates no exterior- e non foi ata mediados de decembro cando solicitou á Xunta este permiso. Balseiro lembra ademais que para proceder á apertura da residencia de Ribadeo faltan aínda outros trámites pendentes, como son a selección de persoal e a adxudicación dos servizos do centro, “que aínda o Concello non completou, son exclusiva responsabilidade municipal e para os que non necesita a autorización da Xunta”.

Finalmente o delegado territorial recorda que Fernando Suárez sempre se negou á colaboración da Xunta en todo este proceso. “Primeiro renunciando á posibilidade de concertar 40 prazas na residencia, que suporía unha achega de entorno a 700.000 euros anuais pagados pola Xunta. E, en segundo lugar, rexeitou o medio millón de euros que a administración autonómica estaba disposta a ofrecer porque nin tan sequera entregou a documentación que se lle pedía, nin fixo a xustificación oportuna” Balseiro cre que si o alcalde de Ribadeo estivese nunha empresa privada xa estaría despedido “porque foi un mal negociador, en contra dos intereses dos seus veciños” e insiste en que pensar que a Xunta retrasa deliberadamente o permiso de inicio de actividade “é propio dunha mentalidade infantil ou moi retorcida”

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN