MONDOÑEDO

O Campamento Diocesano celebra este sábado o festival "40 anos cantando con Xesús"

Dará comezó ás 18:30 horas no salón de actos do Seminario Conciliar de Santa Catalina

00:00

Álvaro de Lamas, coordinador do Colectivo Campamento Diocesano

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Colectivo Campamento Diocesano (CCD) de Mondoñedo-Ferrol continúa coa celebración do 40 Aniversario da súa creación. Para conmemorar esta efeméride, dende a coordenadora do CCD elaborouse un programa de actividades que leva por título “40 anos facendo camiño con Xesús” e que inclúe os seguintes actos:

“40 anos de imaxes con Xesús”

Exposición fotográfica itinerante que se inaugurou na parroquia do Carme, en Ferrol, o pasado 4 de xaneiro e que xa percorreu diferentes lugares da nosa diocese: San Xosé Obreiro de Narón (do 18 ao 31 de xaneiro), Nosa Señora dos Desamparados de Piñeiros (do 1 ao 14 de febreiro) e Seminario de Mondoñedo (do 15 ao 28 de febreiro). En vindeiras datas estará en Ribadeo, tanto na parroquia como no local da Agrupación Belenista, e despois pasará por localidades como Foz, Burela, Viveiro ou Vilalba, entre outras.

“40 anos cantando con Xesús”

Festival de música que terá lugar este sábado, 23 de febreiro, no salón de actos do seminario de Mondoñedo. Dará comezo ás 18:30 horas da tarde con entrada libre e gratuita. Participarán dous recoñecidos músicos da Mariña, como son Tere Nécega e Tono Alonso, ademáis doutras tres agrupacións: Dominus Tecum –dúo conformado polos irmáns Javier e Óscar Santiago, ambos sacerdotes da nosa diocese–, Disco Compacto –dúo no que participan o coordinador do CCD, Álvaro de Lamas, e o acordeonista Nacho Álvarez– e P.I.L.I. (Pladurian Innovation Lambuxos Initiative) –trío creado para a ocasión polos irmáns Baruk e Rosana Domínguez e o percusionista Pablo del Valle–.

No festival tamén se coñecerán os gañadores do I Certame Literario Infantil e Xuvenil do CCD, ao cal están convidados a participar rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos que pasaran algunha vez polo campamento. O prazo de entrega dos traballos ao correo campadiocesano@hotmail.com finaliza este xoves, 21 de febreiro. Os galardoados terán a oportunidade de ler os seus traballos –o formato é libre (conto, poesía, relato curto...) pero a temática terá que estar relacionada co campamento– no transcorrer do festival. Ao finalizar o evento, haberá unha gran chocolatada para todos os asistentes.

“40 anos celebrando con Xesús”

Romaría popular que terá lugar o 25 de maio en Vilalba, e coa que se darían por pechados os actos de celebración.

Campamento diocesano 2019

Ademais destes eventos especiais, o CCD organiza coma todos os veráns o campamento diocesano nas instalacións do Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. Nesta ocasión, as datas van do 19 ao 28 de xullo. Poden participar rapaces e rapazas que naceran entre os anos 2001 e 2011. O prazo para facer a preinscrición comezará, previsiblemente, no segundo trimestre deste ano.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN