Mondoñedo

"Canta miña pedra canta" homenaje a Fraguas en Mondoñedo

La propuesta narrativa-musical llega de la mano de Xoán Curiel  y Charo Pita

Cartel Canta miña pedra canta

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O ‘FalaRedes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fará parada en Mondoñedo esta Semana Santa coa actividade ‘Canta, miña pedra, canta’ en colaboración co Concello de Mondoñedo.

O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita son os encargados de achegarlle ás familias a obra de Antonio Fraguas, autor ao que este ano a RAG lle dedica o 17 de maio. O espectáculo combina narracións tradicionais antigas coas cantigas populares que Fraguas recolleu nun dos seus libros máis significativos: Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade. A obra está especialmente pensada para nenas e nenos de entre os 6 e os 12 anos de idade.

A actividade que se estreou o pasado 23 de marzo en Noia, percorrerá ata finais de maio catorce concellos galegos. Desde o mes de marzo e ata finais de ano, as actividades do 'FalaRedes' están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións local e autonómica que conta con máis de 190 entidades adscritas. Nas seis edicións anteriores do programa foron preto de 900 as actividades programadas para públicos de todas as idades.

Toda a información sobre esta edición dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/falaredes), nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 27 DIC 2024 | BOLETÍN