San Valentín
El CCA Foz celebra San Valentín en el comercio del 8 al 17 de febrero con sorteo de regalos y fiestas
Como cada año el Centro Comercial Abierto organiza la fiesta de la cocina afrodisíaca en pastelerías y locales de hostelería
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza un ano máis a súa campaña de San Valentín que se desenvolverá no comercio do 8 ao 17 deste mes de febreiro e que inclúe o sorteo de regalos. E tamén se celebrará a 9ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar do 14 a 17. As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a ACIA Foz, dende este venres, 8 de febreiro, ata o día 17 entrarán no sorteo de 8 premios especiais. Estes agasallos consistirán en diferentes tratamentos estéticos, ofrecidos pola clínica Maas+Saúde. Trátase de 3 sesións de depilación do pack ingles e axilas, 3 sesións de depilación de medias pernas, 1 pack de masaxe reductor-presoterapia e 1 de hixiene facial con ácido salicílico. O sorteo será o 19 de febreiro dende a emisora municipal.
O CCA focense organiza tamén a 9ª edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, os días 14, 15, 16 e 17 deste mes. Un total de 60 locais ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1'5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Tamén haberá doces afrodisíacos que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán igualmente ao prezo de 1'5 euros.
Por outra banda, uns vinte establecementos hostaleiros terán menús especiais para celebrar San Valentín ás comidas e ás cenas. Desde o Centro Comercial Aberto de Foz animan “a disfrutar do día dos namorados facendo as compras no noso comercio e a celebralo coa 9ª Festa Afrodisíaca, un clásico destas datas na nosa vila”.