CERVO

Cervo humaniza as rúas

Ángeles Vázquez visita obras de humanización

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, estivo esta mañá no Concello de Cervo onde visitou, acompañada polo alcalde, Alfonso Villares, e por varios membros do equipo de Goberno, as obras de humanización que se están a levar a cabo en varias rúas do núcleo da capitalidade municipal, en concreto a área comprendida entre a rúa Calabadexo, rúa da Aldea e Xosé Álvarez.

Villares, quixo agradecer á Xunta de Galicia este importantísimo investimento de medio millón de euros, que nos permite levar a cabo esta obra tan importante para Cervo, que agardamos rematar nos vindeiros meses e que consiste na renovación integral de servizos e infraestruturas; e a mellora da imaxe desta zona tradicional e senlleira mantendo, evidentemente, a esencia que a caracteriza e que a fai tan singular”.

As actuacións contemplan a renovación das redes de abastecemento e saneamento, o soterramento das redes de iluminación pública, subministro eléctrico e telefonía, a renovación da calzada e a instalación de novo mobiliario urbano.

Isto permitirá, entre outras melloras, dotar hidrantes bocas de rego ás rúas e independizar as redes de sumidoiros de augas pluviais e residuais, evitando que as primeiras discorran ata a depuradora e aumentando, por elo, o rendemento do sistema.

Pola súa banda, a canalización soterrada do cableado evitará o impacto visual que provocan as liñas de distintos servizos que actualmente cruzan as rúas, fachadas e fincas. A esta mellora estética contribuirá tamén a renovación da pavimentación da cazada, creando espazos diferenciados para os peóns e para o tráfico rodado; de tal xeito que a zona central se pavimentará con lastras de formigón; e a zona perimetral destinada aos viandantes, con laxas de granito; respectando a estética da contorna.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

12:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN