Foz

La corporación focense aprobó la moción en defensa de un servicio de pediatría de calidad

La moción presentada por la Plataforma Sanitaria en todos los ayuntamientos de la Maria cuenta con un punto específico para Foz 

Pleno Foz

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Diversos membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña acudiron ao pleno de Foz , onde se presumía que se debatería por urxencia a moción presentada en todos os Concellos en defensa do servizo de pediatría, xa que non figuraba na orde do día. Tras votarse a urxencia e ser lida pola alcaldía, todos os grupos da oposición demandaron a súa defensa por parte do colectivo sanitario, e foi nesta ocasión a coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro, quen se encargou de defendela de forma concisa, a petición da alcaldía. Eso non impediu que recalcara que “ainda que en principio poidera parecer que se trata dunha moción que afecta a certos concellos, en realidade é máis ampla e de ámbito comarcal, pois ainda que agora mesmos hai certos concellos en situación de emerxencia , esta situación pode repetirse en calquera localidade cando a pediatra de familia colla un permiso ou baixa.”

Do mesmo xeito Montse Porteiro apelou á “solidariedade que debe asistir a calquera gobernante cando os concellos veciños padecen dun problema tan grave e que mesmo pode reverter a calquera localidade “. O colectivo sanitario agradece á oposición a deferencia que tiveron ao ceder a palabra á Plataforma Sanitaria e a solidariedade coa coamarca e coas veciñas e veciños de Foz emitindo o seu voto favorable.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

11:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN