Viveiro |

El PP denuncia "despreocupación" del Gobierno Local hacia los trabajadores municipales

Ó PP de Viveiro parecelle lamentable a falta de preocupación do equipo de goberno  socialista cos seus traballadores, en especial cos integrantes da brigada de obras do concello. Da a impresión de que ó Partido Socialista Obreiro Español de Viveiro se lle teña perdido a “O” de obreiro, ó constatar as malas condicións nas que se atopan as dependencias da Feira Vella en Xunqueira que é o lugar no que estes traballadores teñen que cambiarse para empezar a súa xornada laboral.

Brigada Obras Viveiro

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Nesta nave só dispoñen de dous lavabos e dous inodoros, pero carecen de duchas e vestiarios nos que poder cambiarse. Tampouco teñen unhas taquillas nas que poder deixar as súas pertenencias e por non ter, non teñen nin un banco onde poder sentarse para poñer a roupa de faena, e isto  a pesares de que, Jesús Cal, delegado de obras, lles prometera fai tempo facerlles uns vestiarios, pero unha vez máis comprobamos como a especialidade deste goberno socialista son as promesas incumplidas e a venta de fume.

Dende o PP de Viveiro facémonos varias preguntas relativas a algo tan fundamental como son as normas de hixiene e seguridade no traballo e que polo visto e o manifestado por estes traballadores da a impresión de  que brillan pola súa ausencia.

Agardan que  por salubridade e a mellora nas condicións de traballo destes empregados municipais,  dende o equipo de goberno tomen boa nota desta situación e procedan a resolvela á maior brevidade posible, ben dotando os traballadores de obras dos “prometidos” vestiarios,  ou ben, ubicándoos noutro lugar onde poidan ter unhas condicións dignas para o desenrolo do seu traballo diario a prol dos veciños e veciñas de Viveiro.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN