MONDOÑEDO-FERROL

A diocese presenta o seu novo "isologotipo" oficial

Está conformado polas letras "M" e "F", incluindo ao mesmo tempo unha cruz

Logo de Mondoñedo-Ferrol

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A diocese de Mondoñedo-Ferrol presentou este venres 1 de marzo -coincidindo coa festividade do seu patrono San Rosendo- o seu novo "isologotipo" oficial. A presentación correu a cargo do bispo, Don Luis Ángel de las Heras Berzal; do vicario xeral, Antonio Rodríguez Basanta; e do vicario de Misión Misericordiosa e Samaritana, Gonzalo Varela Alvariño, que foi quen tivo a idea para a "nova imaxe corporativa da diocese", aínda que o deseño final foi obra dun feligrés anónimo da localidade de Ribadeo.

O bispo diocesano quixo sinalar que "o obxectivo é que aqueles que vexan este 'logo' o identifiquen coa nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol", sen necesidade de máis epígrafes. Monseñor De las Heras tamén quixo puntualizar que a inclusión desta nova imaxe corporativa non suprime a utilización do escudo oficial da diocese, senón que ambos se utilizarán para distintos cometidos.

Un 'logo' con moita simboloxía

O logo está formado polos trazos de dúas letras, "M" e "F", que inclúen ao tempo unha cruz. A "M" representa, segundo indicou Gonzalo Varela, conceptos como "Mondoñedo" -a sé da diocese-, "monte" -lugar de revelación na tradición bíblica-, "montaña" -a "corda" que atravesa o territorio diocesano desde Cedeira e Ortigueira ata Ribadeo e A Pontenova-, "mar" -os dous mares que bañan a diocese-, "mai" - que é como se refiren á "nai" na Terra Chá-, "María" -a "mai" de todos os crentes-, "misión" -razón de ser e vocación da Igrexa- ou "misericordia" -unha das actitudes fundamentais de Deus-.

Pola súa banda, a "F" incluiría palabras como "Ferrol" -a segunda sé da diocese-, "familia" -os fillos de Deus-, "fe" -a relación con Deus que dá sentido á vida-, "forza" -en relación co poder da fe- e "festa" -alegría, celebración, eucaristía-. Nesta "F" é onde aparece tamén a cruz, que simboliza a Cristo, "Cabeza e Señor da Igrexa".

No tocante ás cores, hai dúas versións: unha en negro coa cruz dourada, que contrasta a escuridade do Occidente coa luz do Oriente e que tamén fai referencia á divinidade; e outra que mestura dous azuis, mariño e celeste, relacionando o mar da nosa diocese coa eternidade celestial.

O obxectivo da diocese e comezar "desde xa" a darlle visibilidade a este novo 'logo' en cartas, escritos oficiais, carteis, tarxetas de visita e mesmo en "merchandising" como pegatinas ou camisetas. Tamén é a nova imaxe da web e das redes sociais diocesanas en substitución do escudo de Mondoñedo-Ferrol.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN