Riotorto/Lourenzá
La Diputación arregla íntegramente el vial que une Riotorto con Lourenzá, beneficia a 3.500 vecinos
El ejecutivo provincial ha invertido 140.000 euros en la reparación de dos kilómetros de la LU-P-2801, desde los puntos kilométricos 8,2 al 10,2
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O Secretario Xeral do PSOE en Riotorto, José García, puxo en valor os 140.000 de investimento que o Goberno da Deputación destina para acondicionar 2 quilómetros da LU-P-2801 que transcorre de Santo Tomé por San Adriano, Augaxosa e Mazo, e que comunica Riotorto con Lourenzá. Trátase do derradeiro treito desta estrada, que vai do punto 8,2 ao 10,2, e que quedaba por mellorar. José García agradeceu o traballo e implicación “do noso compañeiro socialista, o Presidente da Deputación, por ter atendido as demandas dos veciños de Riotorto que lle temos traslado en varios encontros e, deste xeito, facer posible a mellora integral desta estrada provincial, fundamental para as 1.000 persoas que viven na zona, así como para os 3.500 mariñás dos Concellos de Riotorto e Lourenzá, xa que é unha das vías de acceso a estes dous municipios”. Os traballos do Goberno do PSOE na Deputación na LU-P-2801 consistirán na remodelación integral do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas, repintado e instalación de sinalización horizontal e vertical. Con estas obras o Executivo Provincial mellorará a comunicación ao tempo que se incrementará a seguridade dos usuarios que utilizan a diario esta vía.