Lugo |

Diputación y Xunta acuerdan la creación de una mesa de trabajo para impulsar los Caminos

El presidente de la Diputación, Darío Campos, y el diputado de promoción turística, Eduardo Vidal, han participado en una reunión con la Secretaria Xeral de Turismo de la Xunta, Nava Castro, y la Delegada de la Xunta en Lugo, Raquel Arias; han acordado la creación de una mesa de trabajo para potencia los Caminos de Santiago a su paso por la provincia de Lugo.

Diputación y Xunta acuerdan la creación de una mesa de trabajo para impulsar los Caminos

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A creación desta mesa inclúese dentro do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago 2015-2021, que pretende definir as liñas xerais e actuacións prioritarias para atender, con criterios de excelencia, ao Peregrino do ano 2021. A proposta que Turismo trasladou á Deputación de Lugo foi que nesta mesa de traballo participasen Xunta, Deputación e Concellos,e que se encargue de definir as actuacións a levar a cabo nos Camiños Norte e Primitivo, xa que o Francés está actualmente xestionado pola mancomunidade de Municipios deste Camiño. Darío Campos propuxo que a mesa fose máis participativa, integrando nela a axentes privados e públicos da zona, por exemplo asociacións ou establecementos. Asimesmo, tamén considerou que debía haber, canto menos, un representante da mancomunidade do Camiño Frances. Outra das propostas do Presidente foi a necesidade de incluír os Camiños de Inverno e do Mar, para pór en valor os máis de 800 quilómetros de rutas de peregrinación que transcorren pola provincia. As propostas foron ben recibidas pola administración autonómica e acordouse que a Deputación de Lugo abra esta mesa de traballo, así como que se traballe en prol dos Camiños Norte, Primitivo, Francés e de Inverno. Ao respecto do Camiño do Mar, a Xunta asegurou que estudará a proposta de Campos Conde. De feito, o Presidente entregoulles un exemplar do libro editado pola Deputación o “Camiño do Mar”, sendo a única publicación destas características que existe sobre esta ruta de peregrinación que transcorre pola Mariña.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN