MONDOÑEDO-FERROL
El Espejo. 29 de marzo de 2019
Programa dirixido e conducido por Baruk Domínguez, emitido en COPE Ferrol e COPE de la Costa
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
A Vicaría de Misión Misericordiosa e Samaritana de Mondoñedo-Ferrol organiza este sábado 30 de marzo a Festa da Misericordia, que terá lugar no seminario de Mondoñedo a partires das 10:30 horas.
Despois da acollida, terá lugar unha especie de "presentacións simultáneas" do tema da misericordia por parte de cada unha das sete delegación diocesanas que coordina esta vicaría: Cáritas, Mans Unidas, Migrantes, Misións, Mar, Saúde e Carretera. Cada unha delas tentará provocar nos asistentes a "necesidade de conversión e de misericordia".
Ás 12:00 horas terá lugar na Catedral-Basílica da Virxe da Asunción de Mondoñedo a celebración da misericordia de Deus -cun momento amplo para as confesións individuais-, que estará presidida polo bispo da diocese, D. Luis Ángel de las Heras. A xornada rematará cun xantar compartido.
Ademais, no contexto da Festa da Misericordia, terá lugar na capela de Santa Catalina do Seminario a celebración das «24 horas para o Señor». Estará o Santísimo exposto durante este tempo na capela para todas aquelas persoas que desexen compartir un momento de oración.
Outros temas diocesanos
Falamos tamén da declararión da Romaxe das Cruces (Ribadeo) como Festa de Interese Turístico de Galicia, da nova campaña de cooperación internacional de Cáritas España -"Hay que estar cerca para verlo todo"-, e de numerosos actos previos á Semana Santa nas localidades de Ferrol, Viveiro e Burela.
Sobre todos estes asuntos falan o párroco de Arante (Ribadeo), Carlos Miranda Trevín; o responsable de comunicación de Cáritas Diocesana, Chema Pérez; o presidente da Xunta de Confrarías de Ferrol, César Carreño; a voceira da Xunta de Confrarías de Viveiro, Mª Carmen López "Chipe"; e o párroco de Burela e delegado diocesano de Migrantes e Refuxiados, Jesús Álvarez Piñón.
A música de peche corre a cargo dun galego, Xoel López e o seu "Hombre de ninguna parte", moi en liña con ese espírito multicultural tan propio da Semana Santa burelá.