COMERCIO
Os establecementos do Centro Histórico de Viveiro prepáranse para o Día do Pai
A asociación de comerciantes pon en marcha unha Búsqueda do Tesouro o vindeiro sábado 23 de marzo
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir desta semana a Campaña do Dia do Pai. Nesta ocasión a aposta é por seguir premiando a fidelidade dos clientes con algo moi especial para celebrar nesta data: a realización dunha Búsqueda do Tesouro por distintas localizacións do Centro Urbano de Viveiro o sábado 23 de Marzo, que comezará ás 17:00 horas dende a Praza Maior.
A Búsqueda do Tesouro estará chea de divertidas probas que se irán desvelando ao longo da súa execución. Ao equipo que gañe entregaráselle a chave do cofre do tesouro.
Para os interesados
Os grupos participantes deberán estar inscritos previamente. Poderán participar na actividade pais e avós cos seus fillos ou netos, entregando tickets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, por importe mínimo de 50€ -permítese a acumulación de varios tickets de cantidades inferiores ata sumar os 50€-. A data dos tickets de compra emitidos polos comercios viveirenses abarca dende o luns 11 de marzo ata o luns 18 de marzo.
Para participar deberanse entregar os tickets nas oficinas do CCHV -situadas na Rua Díaz Freijo, 3- ata o vindeiro luns 18 de marzo ás 20:00 horas. Unha vez comprobada a súa validez procederase á inscrición do grupo participante.
Fidelizar as compras en Viveiro
Os obxectivos perseguidos a través de todas as campañas que pon en marcha a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro son, por unha parte, premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local e, por outra, fomentar a unión de todos os emprendedores e autónomos da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
Para coñecer máis información sobre a campaña e sobre outras actividades, a asociación dispón dunha páxina web -www.viveirocentro.com- e de cadanseu perfil de Facebook, Twitter e Instagram.