Burela

El 5 de febrero van a comenzar las negociaciones sobre la RPT en el Ayuntamiento de Burela

El alcalde, Alfredo Llano, critica la politización que el PP está creando en torno a este asuntoTienen un docuemneto base y a partir de ahí irán avanzando

Faro Burela

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, amosase sorprendido pola nova concentración de traballadores, “cando xa estaban convocados para dentro duns días”. O rexedor critica a politización que sobre este asunto está a facer o PP, nega as presións que lle atribúen os populares e lémbralle a González Barcia os conflitos laborais que tivo na súa época á fronte do Concello de Burela.

O alcalde burelés sinalou que “houbo outra parada dos traballadores no Concello e desde a Alcaldía e desde o equipo de goberno estamos sorprendidos de que se sigan manifestando cando xa están convocados oficialmente para facer unha reunión para o que solicitan. Na última xuntanza da mesa de negociación quedaramos, e eu estaba convencido de que se entendera perfectamente, en que íamos iniciar as conversas a primeira semana de febreiro, e así vai ser. Están convocados para o 5 de febreiro para empezar a falar da RPT. Temos un documento base e a partir del iremos avanzando na elaboración dos postos de traballo, no organigrama e nas necesidades que ten este Concello”.

Para Alfredo Llano “ese intento de politizar estas paradas por asuntos laborais por parte do PP, que sacou unha nota que dá un pouco de pena observar o que di. Din que estou presionando aos traballadores, cando eu son unha persoa que sempre pido as cousas por favor e sempre dou as grazas polas labores que se fan, nunca xamais presionei a ningún traballador en ningún aspecto; o que fago é motivar para que todo saia ben e todo funcione perfectamente. Non se entende que o PP saia insidiando porque hai que ver a que baixísimo nivel está traballando o señor Barcia; eu penso que a súa maldade supera a súa capacidade de razoamento. Pero quedaría moito mellor estando calado porque el foi o único alcalde do Concello de Burela que despediu a persoal do Concello: ao pouco tempo de estar na Alcaldía o que fixo foi despedir a unha orientadora laboral, cunha indemnización bastante alta, que pagou o Concello de Burela. Tamén deixou unhas herdanzas negativas para o Concello no comedor do Vista Alegre cando decidiron prescindir do persoal do Concello e buscar outra solución para ese comedor, ademais doutras cousas que fixo relativas por exemplo a cuestións laborais no barco museo”.

O rexedor engadiu: “polo tanto non sei como é capaz de abrir a boca neste aspecto; e ademais non ten nin idea do que di porque xa está marcado o día e a hora para empezar as negociacións. Ademais insinúa que estamos presionando aos traballadores, o que é xa pouco menos que motivo incluso de denuncia porque dicir iso é unha barbaridade. E que teño que empregarme a fondo, cando eles deberan estar colaborando, participando, negociando e facilitando que isto vaia mellor polo ben de todo o concello, está insinuando cousas que dan pena, e á súa idade aínda peor”. Alfredo Llano manifestou que “vamos ir para adiante e a tratar de que este asunto laboral non se desvíe a cuestións políticas senón que sinxelamente se traten única e exclusivamente cuestións laborais. Agora mesmo estase pensando na Relación de Postos de Traballo do Concello de Burela, o que vamos iniciar para a semana que vén. Hai un documento base que vamos utilizar para comezar as conversas e a medida que vaiamos avanzando iremos vendo a onde podemos chegar e como facer. Esta é a pretensión que tivo sempre este equipo de goberno, non houbo nunca negativas a conversas cos traballadores nin nos negamos a recibilos nunca. Esperamos que a partir de agora se normalice a situación e procuraremos sacar un bo documento que beneficie ao conxunto das necesidades do Concello de Burela”.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN