Burela

El Grupo Popular pide al alcalde, Alfredo Llano, "convocar a los representantes de los trabajadores"

Entienden en el PP que deben presentarse documentos serios sobre los que negociarDenuncian supuestas presiones a personal laboral del Ayuntamiento

Puerto de Burela

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O Grupo Municipal Popular burelés lamentou  “o bochornoso espectáculo que está a dar Alfredo Llano ao non convocar aos representantes lexítimos dos traballadores municipais demostrando un talante totalitario e caprichoso que concorda perfectamente co seu xeito de ser, ben afastado da imaxe que quere dar. O alcalde debería reflexionar e, se é que ten algo realmente que presentar na mesa de negociación, sentarse inmediatamente a negociar”. Os populares esíxenlle ao alcalde que “convoque xa a mesa de negociación, que presente un documento de proposta de Relación de Postos de Traballo, unhas bases para recuperar o fondo social dos traballadores, un documento para negociar o abono dos servizos extraordinarios, etc., e sobre eses documentos tentar chegar a acordos. Todo o demais que diga o Sr. Llano serán fogos de artificio”. Os edís do PP afirman que “as mesas de negociación están para iso, para negociar. E a quen lle corresponde plantexar propostas é á alcaldía. O alcalde xa sabe o que queren os traballadores porque levan catro anos dicíndollo, como se desprende das actas das distintas mesas de negociación, atopándose sempre coa mesma resposta: ‘iso hai que velo ben’. Isto ten provocado que en certo momentos se producisen auténticos momentos de tensión. E así, facendo que se ve pero sen ver nada, leva este alcalde catro anos, neste asunto e en todos os que atinxen á vida municipal”. Desde o Grupo Municipal Popular lembran que “este grupo político denunciou reiteradas veces o retraso na elaboración da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) que o propio alcalde anunciou en xuño de 2016 como ‘inminente’. E agora semella que o alcalde pretende a supresión de certos postos de traballo, mesmo algúns ocupados por persoas que levan moitos anos traballando”. Ademais, os populares aseguran que “temos constancia de supostas presións por parte do alcalde a determinado persoal laboral, o que demostra unha covardía e baixeza moral. Faino con determinado persoal laboral porque é o máis vulnerable, pero non o fai co persoal funcionario, por exemplo, porque sabe que podería escoitar unha resposta que non lle agradaría demasiado”. Os edís do PP indican que “a situación que se está a vivir é inédita non só no Concello de Burela senón en todos os concellos da Mariña: o alcalde non negocia nada e os traballadores municipais cada oito días na praza do Concello, no tempo legal de descanso, pedíndolle que negocie. O que nos leva a unha conclusión: Llano non se senta a negociar porque non ten nada que ofrecer”. Finalmente, desde o Grupo Municipal do PP afirman que “na historia deste Concello ata o momento na mesa de negociación só se trataron dúas RPTs: a de 2006 elaborada polo PP, que é a que está en vigor, e a que se presentou a principios de 2015, tamén polo PP, e que non foi aprobada polos traballadores. O primeiro acordo de condicións de traballo dos funcionarios e o primeiro convenio colectivo do persoal laboral foron obra, no seu día, das negociacións dun goberno do PP cos sindicatos”.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN