Viveiro |

El PP lamenta las desafortunadas actuaciones en la selección del personal para la Piscina Municipal

Desde o PP de Viveiro lamentan o esperpento no que se ten convertido o proceso de selección do persoal da piscina municipal, unha vez que outra sentencia xudicial confirma que a selección do xerente da mesma é nula, non só se ten xogado coa vida das persoas participantes, senón que ademáis, tal e como xa adiantaron, vai costar un bo diñeiro ós veciños de Viveiro.

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

De momento 1.000 euros en costas, e o que virá cando o xerente elexido nun primeiro momento o boten á rúa e denuncie ó Concello por danos persoais e patrimoniais, pero non quedará aquí o asunto, xa que o novo adxudicatario tamén reclamará o deixado de percibir en todo este tempo que tendo que estar no seu posto non o estivo.

Si a esto lle añadimos o baile producido nas listas de monitor deportivo e monitor sala socorrista - como consecuencia doutra sentencia - , e a posibilidade de que outras persoas que optaban a outras plazas reclamen a revisión das súas puntuacións, estaríamos ante un autentico despropósito que poñería colorado a calquera que tivese dous dedos de frente.

Ó PP de Viveiro non lle cabe ningunha dúbida de que este é un novo exemplo da nefasta xestión da Alcaldesa e o seu equipo de goberno, que ven a sumarse a outras ben recientes e de infausto recordo como son a disolución de Turviveiro ou a desaparición de 20.000 euros das contas de Aparcamientos A mariña, como consecuencia da deixadez e a falta de control por parte de quen nos goberna.

O PP de Viveiro denuncio desde o primeiro momento que as bases de selección parecían sorprendentes e moi mellorables, e visto o visto como se van desenrolando os feitos parece que a teoría se confirma. Sinalan que en moitos casos a titulación esixida para optar a algunhas plazas parecía escasa e que os principios de mérito, capacidade e igualdade parecían importar pouco para os redatores destas bases.

Desde o PP de Viveiro creen que a Alcaldesa debería de dar explicacións moi detalladas sobre este proceso de selección, que se fixo aprisa e correndo para contentar a algúns e que agora emana un tufillo difícil de soportar. Deu a impresión desde un primeiro momento, que o que menos importaba era que o persoal elexido fose o máis apto para ofrecer un servizo de calidade ós usuarios da piscina municipal de Viveiro.

No seu momento o grupo popular abstivose na votación para optar pola municipalización da piscina ou porque a levase unha empresa, fixérono así porque carecían dos datos necesarios que permitisen decidir cal das dúas fórmulas era a mellor. Vistos os antecedentes do equipo de goberno socialista en materia de xestión municipal, as queixas que hai sobre o funcionamento actual da piscina e todo o circo montado entorno a selección de persoal, creen que a decisión de municipalizala non foi moi acertada.

No PP agardan que María Loureiro asuma a súa responsabilidade e compareza explicando detalladamente este “piscinazo” que lamentablemente e "como consecuencia da súa mala xestió imos ter que pagar todos os veciños de Viveiro", sin esquecer a mala imaxe que se traslada do Concello que se ve unha e outra vez envolto en claros exemplos de pésima xestión.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN