Ribadeo

Licitan por 525.000 euros el dragado del puerto comercial de Mirasol y de la dársena del Náutico en Ribadeo

El delegado territorial de la Xunta recuerda que las empresas interesadas en presentar ofertas tienen de plazo hasta el 3 de abril

Entrada de la Ría de Ribadeo

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de publicar na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación da obra de dragaxe que se desenvolverá no porto comercial de Mirasol e na bocana da dársena náutica de Ribadeo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as empresas interesadas en executar este contrato teñen ata o vindeiro 3 e abril como prazo límite para presentar as ofertas. A administración autonómica destina para este fin un orzamento de 525.656 euros para unha obra que conta cun prazo de execución de tres meses.

A dragaxe permitirá incrementar o calado e operatividade de ambas instalacións. No que respecta ao peirao comercial de Mirasol o obxectivo da Xunta e conseguir un calado de mínimo catro metros e para iso prevese a draga nunha superficie aproximada de 26.000 m2 e 17.000 m3 Pola súa banda, a zona de dragado da bocana náutica deportiva céntrase nas zonas próximas aos pantaláns e nunha superficie de 2.300 m2 e 2.000 m3 na que se busca garantir un calado de 3 metros.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

10:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN