MARIÑA

Lidia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo regulamento de control

A eurodeputada reuniuse con Laurence Cordier, asesora legal da Unidade de Control da Pesca e Inspeccións da Comisión Europea

A eurodeputada Lidia Senra reunida con Laurence Cordier

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

eurodeputada Lidia Senra, representante do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo (PE), mantivo un encontro con Laurence Cordier, asesora legal da Unidade de Control da Pesca e Inspeccións da Comisión Europea, co obxectivo de intercambiar opinións ao respecto da proposta de modificación do Regulamento de Control da Pesca presentado pola CE e trasladarlle a súa opinión ao respecto.

Actualmente, as medidas polas que se establece o Réxime de Control da Pesca (RCP) da Unión Europea para garantir o cumprimento das normas da PPC están recollidas en catro actos lexislativos distintos: o Regulamento de control da pesca; o Regulamento polo que se crea a Axencia Europea de Control da Pesca (AECP); o Regulamento polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (Regulamento INDNR) e o Regulamento sobre a xestión sostíbel das flotas pesqueiras exteriores.

A proposta da Comisión Europea sobre a que está a traballar arestora o parlamento ten por obxecto revisar o RCP, a excepción do Regulamento sobre a xestión sostíbel das flotas pesqueiras exteriores, revisado recentemente. O informe elaborado pola Comisión de Pesca do PE, vinculado á proposta de modificación do Regulamento de control da pesca realizada pola Comisión -neste caso emendas ao Regulamento-, será previsiblemente votado polo pleno do Parlamento Europeo do mes de abril, e xa o vindeiro 5 de febreiro remata o prazo de achega de emendas.

Senra, que é precisamente a responsable do seguimento do informe da Comisión de Pesca da Eurocámara, explicoulle á representante da Comisión Europea que a proposta de regulamento sobre o que se está a traballar “non está adaptado en absoluto á pesca artesanal”.

A eurodeputada luguesa quixo sinalar que “entre outros aspectos, que presentaremos como emendas ao texto, a aplicación das medidas técnicas tal e como están recollidas a día de hoxe na proposta de modificación do regulamento conlevarían unha maior burocratización, moi dificilmente asumible polos barcos pequenos. Ese é o caso tamén de certas incorporacións tecnolóxicas”.

“A conclusión é clara. Só hai dúas opcións: ou retirar a pesca artesanal desta proposta de modificación do Regulamento de Control ou incluír nel medidas específicas, traballadas co sector, que teñan en conta a realidade da pesca artesanal. Porque, tal e como está a día de hoxe a proposta de modificación do regulamento, so poderiamos apoialo se a pesca artesanal e de pequena escala quedan excluídas da súa aplicación”, indicou Senra.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

12:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN