Mariña
Más de 25.000 pensionistas de la Mariña se van a beneficiar de los presupuestos del Gobierno Central para 2019
La subdelegada del gobierno, Isabel Rodríguez, ha dicho que se trata de “una apuesta decidida por la Mariña” con 9,5 millones de inversiones directas
Madrid - Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou da importante aportación que fan os Presupostos Xerais do Estado para 2019 á mellora da calidade de vida dos mariñáns, que sintetizou no feito de que “estes Orzamentos van beneficiar a máis de 25.000 persoas da comarca que viven dunha pensión”. Ademais do seu marcado carácter social, os Orzamentos do Estado para 2019 reservan máis de 9,5 millóns de euros para investimentos directos nos concellos da Mariña. Estes datos son proba, explicou a subdelegada que “e que o Goberno aposta con estes Presupostos pola Mariña e por Lugo, xa que o investimento real en obra pública no conxunto da provincia aumenta este ano un 18,24% respecto do previsto nos Presupostos do ano pasado, ata alcanzar a cifra de 71,2 millóns de euros, nunhas contas que teñen como principal obxectivo atender ás persoas máis vulnerables, que foron as que resultaron máis castigadas polos recortes dos gobernos do PP”. “O Goberno implícase na recuperación do Estado do Benestar e faino sen desatender as obras que modernizarán a Mariña e o conxunto da provincia e mellorarán a calidade de vida dos mariñáns e o resto dos lucenses”, aclarou a subdelegada. De feito, “nas contas do Estado para 2019, o Goberno dálle prioridade a colectivos como os pensionistas, os desempregados, ás mulleres maltratadas ou aos mozos que precisan dunha bolsa para poder estudar, que foron vítimas das políticas regresivas dos gobernos do PP”. Isabel Rodríguez detallou que a revalorización das pensións beneficiará a na Mariña a 25.004 veciños residentes nos distintos concellos desta comarca. Os pensionistas tamén se beneficiarán da supresión progresiva do copago farmacéutico. Do mesmo xeito, os Presupostos do Estado para 2019 aumentan a 30,5 millóns de euros as partidas para becas para chegar a 52.426 estudantes. A recuperación do subsidio de desemprego para maiores de 52 anos supón un investimento de 15,1 millóns para chegar a 5.343 galegos e galegas. E, ademais, 61 concellos da provincia de Lugo poderanse adherir ao programa para facerlle fronte ao reto demográfico que conta con 80 millóns de euros para concellos con menos de 10.000 habitantes. 9,5 MILLÓNS EN OBRAS Estas importantes medidas sociais refórzanse cos investimentos que levará a cabo o Goberno para mellorar as comunicacións e a calidade de vida dos veciños da comarca. Así, a subdelegada detallou que a Mariña beneficiarase dun investimento directo en obra pública na comarca de 9.572.490 millóns de euros, para obras que se executarán nos distintos concellos mariñáns. A partida de maior cuantía, 5 millóns de euros, está destinada ao sistema de protección antinéboa da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta. A N-642 dedícanse 2.280.620 euros para a rehabilitación de firme. Para a autovía da Mariña, A-74, nos Orzamentos inclúense tres partidas que suman máis de 1,8 millóns de euros, dos que 1,2 millóns son para o treito Burela-San Cibrao, 446.000 para o de Foz a Burela e 100.000 para Barreiros-Foz. O ministerio de Fomento tamén ten prevista, en Mondoñedo unha actuación, dentro do programa de rehabilitación arquitectónica para o acondicionamento dunha parcela para aparcamento na Travesía Casas Novas, ao que os Presupostos de 2019 dedican unha partida de 15.450 euros. Outros programas de Fomento son para axudas á rehabilitación de vivenda ou subvencións ao transporte.