ALFOZ
Medio millar de visitantes pasou polo Castelo de Castrodouro esta Semana Santa
Alfoz pecha unha Semana Santa moi positiva
A oficina de turismo de Alfoz, sita no Castelo do Castrodouro, recibiu durante estes días festivos a máis de 425 visitantes, que puideron facer a visita ó propio Castelo así como ver a exposición ‘Hai Mulleres’ de Otero Regal e o Museo da Zoca; ademais de coñecer todos os recursos turísticos cos que conta o Concello de Alfoz e os demais concellos da Mariña.
En canto as procedencias, foron os turistas galegos os que máis visitaron o Castelo, pero o Concello de Alfoz recibiu visitas doutras comunidades autónomas, destacando Madrid, Asturias e Castela León. Por último mencionar as visitas internacionais procedentes de Alemaña e Francia.
Ase mesmo, durante o venres 19, sábado 20 e domingo 21 puideron degustarse en cinco dos establecementos hostaleiros do concello as tapas propostas para a V edición da Ruta das Tapas e sortearanse tres premios de 200 euros en vales de compra entre tódolos participantes que votaron á mellor tapa e entregarase trofeo para o establecemento que presentou a tapa gañadora.
Escucha en directo
COPE RIBADEO
Lo último
Monólogo destacado
Programas
Herrera en COPE
Con Carlos Herrera
Tiempo de Juego
Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño
La Linterna
Con Ángel Expósito
El Partidazo de COPE
Con Juanma Castaño