Opinión | "Duas lexislaturas tapando furados" por Juan Rivas

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Desgraciadamente na política non sempre dúas máis dúas son catro; ás veces entendemos o que queremos ou simplemente os propios partidos políticos versionamos as nosas posicións totalmente diferentes ás dos outros encontrándolle algún sentido á nosa postura, ás veces con grandes doses de demagoxia, un recurso moi útil sobre todo para algúns partidos da esquerda. Pero cando se fala de cartos e de economía municipal xa cambia a cousa. O Concello é coma un fogar grande onde ou te aplicas e es responsable ou te tiras á bartola e non chegan os cartos, pero 2+2 xa empezan a acercarse a 4, ou iso é o que o PP de Foz sempre aplicou. Digo isto porque en Foz está a pasar exactamente isto. Cando entrou o goberno actual do PP no ano 11 díxose: "imos ter problemas coas licencias que cobrou o anterior goberno e xa gastou, porque van acabar reclamándoas".  ¡ Zasca !, "imos ter problemas con Gestagua se non actualizamos as taxas que vostedes mesmos pactaron coa empresa no 2007". ¡ Zasca ! "temos débedas doutros anos e non hai cartos no banco". ¡ Zasca ! "hai que axustar a contribución, que non está actualizada e o Concello non é capaz de ingresar para pagar o que se debe" Aí están os resultados, todo o que dixo o PP pasou; e a oposición sempre en contra, dando largas, e argumentando o indefendible. Pois ben, pasaron 4 anos e o novo goberno adicouse a pagar case 2 millóns de euros de débeda aos bancos, outro millón e medio de facturas non pagadas polo anterior goberno e medio millón máis de devolver as licencias que o PSOE xa gastara; e aínda con elo, deixar cerca de 1 millón de euros aforrado en caixa. Neste caso, como dicía o noso slogan, AS CONTAS CLARAS. 2m+1.5m+0.5m+1m=5m. 5 millóns en 4 anos en minoría a favor do Concello, que serviron para tapar furados. Escribo isto porque agora toca nesta lexislatura seguir tapando furados. Seguen reclamando licencias xa cobradas e gastadas polo goberno do PSOE: no 2016 foron 200.000 euros e este ano xa nos reclaman 300.000. E, por outro lado, sae o GRAN FURADO do millón de euros de Gestagua, do que o actual goberno veu reiteradamente avisando dende o ano 2011: "que se o pleno non actualizaba as taxas tocaríanos pagalo dos orzamentos municipais." A OPOSICION NEGOUSE, argumentando que non era o momento de subir a auga, e ¡ Zasca ! Aí temos a sentenza xudicial e a pagar en marzo a Gestagua o millón de euros. Aló van os orzamentos do 2017. Novamente o que dixo o PP volveu ocorrer:  devolveremos o medio millón de euros aos promotores, que sumados aos da lexislatura pasada, farán 1 millón de euros, que gastou o PSOE, e  devolverémoslle á concesionaria Gestagua, que o PSOE prorrogou 20 anos, o millón de euros que reclama por non atender ao que advertía o goberno do PP. Menos mal que se foi prevendo e hai cartos na caixa que permiten eses pagamentos, senón o Concello estaría en quebra técnica. Pero isto non e todo. A soberbia da oposición chega en novembro do ano 15, cando a sabendas de todo isto e a sabendas de que había que facer fronte ás débedas que eles mesmo xeraron, van e  irresponsablemente propoñen rebaixar a contribución ao mínimo, base fundamental dos ingresos do Concello. Unha rebaixa ao mínimo para quedar ben eles e arruinar as contas que ao final son as todos. Señores veciños: ¿non cren que esta xente da oposición de Foz son algo irresponsables de máis? ¿quérenos vostedes de administradores na súa casa? Simplemente recorden que en política tamén 2+2=4. O resto son MILONGAS, pero, iso si, con grandes doses de demagoxia.   Juan Rivas Secretario Xeral do PP de Foz

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN