Opinión | "As falsidades do PSOE sobre o presuposto" por Dolores García
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Quen acudiu ao pleno que houbo en Cervo este luns pasado puido comprobar que o Partido Socialista votou en contra dos presupostos municipais para 2016 unicamente por dicir que non, pois non esgrimiu ningún argumento. A verdade é que é difícil dicir algo dun presuposto como o que presentou o Concello de Cervo, que se pode definir como eminentemente inversor e social. E para iso están os números, que así o avalan e que calquera persoa pode comprobalos. Nos motivos que esgrime agora nos medios de comunicación o Partido Socialista póñense eles mesmos en evidencia e hai moitas falsidades, porque por exemplo falan de apostar por un plan de emprego cando eles o 17 de marzo de 2014 votaron en contra dun que facía a Deputación Provincial de Lugo e para o que nosoutros pedíamos que non se excluíra, como se fixo, ao Concello de Cervo dese plan de emprego da Deputación, pero os socialistas opuxéronse. Ademais din que non se destinou nin un só euro a emerxencia social, cando por exemplo só neste ano xa van 2.243,67 investidos en 7 casos. Tamén falan de gastos que non teñen fins concretos, cando nos referimos a partidas destinadas para algunha axuda imprevista de última hora, como por exemplo a que nos pediu unha asociación na que o portavoz do Partido Socialista forma parte da súa directiva. E falan de que a xente se vai deste concello, cando son precisamente os portavoces do Partido Socialista os que se van vivir a outros lugares despois de perder as eleccións en Cervo. Esperemos que o actual no faga o mesmo que a portavoz anterior. Dolores García Caramés (concelleira de Facenda en Cervo)