Foz

El PSdeG-PSOE de Foz presentó una moción en defensa de la atención primaria

Solicitan instar a la Xunta a dar cobertura desde el primer día a las bajas, vacaciones o reduciones de jornada de los médicos y personal sanitario

Vista general de Foz

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Unha das necesidades prioritarias de calquera municipio, no que ao estado de benestar se refire, é a asistencia sanitaria. A situación actual en Foz é deficitaria e con importantes carencias asistenciais, non se cobren vacacións, baixas, ou reducións de xornadas dos profesionais do centro de saúde.- denuncian os socialistas Este feito tradúcese, nunha carga de traballo extra para os outros facultativos e unha saturación das outras consultas o que, en definitiva, supón unha merma da calidade asistencial que reciben os veciños e veciñas de Foz. Os profesionais dos centros de saúde e os PAC están en pé de guerra en toda Galicia, tamén en Foz, protestando pola precariedade laboral existente na atención primaria e pola saturación e sobre carga de traballo que teñen ao ter que asumir os cupos dos facultativos ausentes, mobilizacións que contan con todo o apoio dos socialistas de Foz. Capitulo aparte merece pediatría, na que a titular do servizo ten solicitado a xornada reducida e non se cubre o horario restante por parte da Consellería de Sanidade, obrigando a que os nenos e nenas que necesitan atención pediátrica e non se poden citar dentro do horario no que exerce a pediatra, se vexan obrigados a acudir aos médicos de familia ou ao hospital. Feitos como os acaecidos, no pasado nadal, onde o servizo estivo sen cubrir por vacacións da pediatra repítense cada vez que esta profesional, ou outros, exercen o seu dereito de vacacións. Vemos como a atención sanitaria dos nosos nenos e nenas se deteriora día a día, non so no centro de saúde de Foz, senón tamén en servizos como a atención temperá, dependente do Concello de Burela partir dunha subvención concedida por Política Social da Xunta. Onde a logopeda que prestaba o servizo á comarca rematou o contrato, sen que o ente autonómico conceda novo financiamento para renovar o seu contrato ou contratar un novo profesional, o que obriga a estes pacientes de tan corta idade, con trastornos no seu desenrolo ou en risco de padécelos, a desprazarse a Lugo ou acudir a un servizo privado para recibir o tratamento necesario ou preventivo. O grupo socialista espera acadar o acordo da corporación para, por un lado, instar á Xunta de Galicia a dar cobertura inmediata aos profesionais cando estes estean de baixa ou en períodos vacacionais, a dar cobertura a parte correspondente á xornada reducida do pediatra do centro de saúde de Foz e por outro, a que se proceda a conceder as axudas necesarias para cubrir, no servizo de atención temperá de Burela, a praza de logopeda vacante tras rematar o contrato do profesional que o prestaba, sen que teña que ser o goberno socialista concello de Burela o que vexa na tesitura de ter que cubrir a carencia deste profesional para prestar un servizo do que dependen mais de 40 nenos entre cero e seis anos de oito concellos comarca, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Cervo, Alfoz Lourenzá e Barreiros.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN