FOZ

Rematada a urbanización da rúa da Fonte da Cruz

O Concello de Foz eliminou un tapón urbanístico

Rúa Fonte da Cruz

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Esta obra, que contou cun investimento de 50.000 euros de fondos municipais, é importante porque se trata dunha rúa moi utilizada, segundo subliña o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

O rexedor municipal anunciou que “que queda rematada xa, despois de varias semanas de traballo, a urbanización da rúa Fonte da Cruz”.

Javier Castiñeira salienta que “é importante posto que a día de hoxe é unha das saídas de Foz cara a estrada de Ribadeo. Sabemos que é moi usada e quitouse un tapón no tráfico moi grande”.

O alcalde lembra que “isto foi froito das negociacións entre Foz Plataforma de Futuro e o Partido Popular, que levaron adiante os orzamentos do ano 2018 e financiaron totalmente esta obra con máis de 50.000 euros, que serviron para destaponar un acceso e unha saída importante do pobo, despois de ter feito a reorganización do centro urbano que afecta precisamente á mobilidade do tráfico do noso concello”.

Castiñeira engadiu que “estamos moi contentos. É un obxectivo urbanístico máis cumprido e na idea do equipo de goberno de seguir avanzando tanto na mobilidade como no urbanismo do noso concello”.

O rexedor quere “dar moitísimas grazas a todas aquelas persoas que colaboraron, non só políticos senón tamén aos dous propietarios dos terreos que, de boa fe, negociaron co Concello e permitiron que se ampliara esta vía de catro metros, que tiña antes, a máis de once, que ten agora, con dobre carril e incluso beirarrúas polos dous lados”.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN