Ribadeo
Todo listo para la celebración de la VIII Gala de ACISA
Este 2019 es un año muy especial para la Asociación de Comerciantes de Ribadeo por cumplirse el 30 aniversario de su creación
Madrid - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A VIII Gala de Acisa terá lugar no Parador de Turismo de Ribadeo o 22 de febreiro ás 21:30 horas. Previamente haberá un photocall “para que todos e todas os que desexen teñan un recordo da velada. Animamos a todos a asistir con tempo suficiente para facer as fotos e aproveitar e intercambiar impresións entre os asistentes”, explican desde a directiva de Acisa. E lembran que “esta cita é aberta a todo o público que queira acompañar aos homenaxeados nesta edición e aos asociados e asociadas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos”. Os galardóns a toda unha carreira serán entregados a Ramona Reigosa García, de Bar A Ribeira, José Luis Botana Veiguela, de Calzados Botana, a Ramón Leivas Lavandeira, do concesionario Ford en Ribadeo, e a Carmen Valdés Múñiz, de Perruquería Carmen. Acisa fai entrega destes recoñecementos “pola traxectoria dos galardoad@s en negocios emblemáticos de Ribadeo, despois dunha vida de servizo cara ao público detrás dun mostrador e como socias e socios destacados que durante moitos anos pertenceron á nosa asociación”. A venda de entradas para asistir á Gala anual de Acisa realízase nas oficinas da asociación, na rúa Viejo Pancho 13-baixo, ou en Gráficas Ribadeo, na rúa San Roque, 30. Tamén poden reservarse chamando ao número de teléfono 982 120 565 ou no correo electrónico info@acisaribadeo.es, antes do xoves 21 de febreiro. Acisa fai fincapé en que é importante facer a reserva con antelación, xa que as prazas son limitadas.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, anima a asistir “a todos os socios e socias dada a importancia da celebración do trinta aniversario, aos empresarios que aínda non son socios, a todos aqueles veciños e veciñas que queiran pasar unha agradable velada, e aos amigos e familiares dos premiados. Tamén animamos aos representantes das asociacións e das comisións coas que colaboramos a que nos acompañen, xa que nos gustaría contar coa súa presenza”. Desde a directiva de Acisa engaden que “a asociación non pretende obter ingresos a través desta Gala. Os cartos obtidos da venda de entradas é destinado ao pago do menú. A cea consistirá nun primeiro prato de conchas do peregrino recheas de froitos do mar, un sorbete servido por cortesía do Parador de Turismo, morcillo de tenreira estofado con pataca noisette e de browni con noces e xeado de turrón. O prezo é de 30 euros e os asistentes levarán ademais un recordo de conmemoración do trinta aniversario de Acisa”.